Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
22 - Xaneiro - 2018  |  1:27:18
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Alcalde clausura as actividades de Servizos Sociais postas en marcha polo Concello no Centro Cívico e nas parroquias

02/01/2018 - Novas de Monforte

Ó redor de 340 persoas participaron nas actividades de Servizos Sociais postas en marcha polo Concello dende o mes de setembro e ata hoxe. Desa cantidade, 200 foron nas parroquias e o resto, asistiron ás clases no Centro Cívico.

 

O Alcalde, José Tomé, e a concelleira de Servizos Sociais, Gloria Prada, mantiveron este venres unha xuntanza cos tódolos participantes no Centro Cívico Social para compartir con eles impresións sobre o programa. A xornada comezou cun obradoiro de animación e rematou cunha exhibición do grupo de baile. Despois, os asistentes puideron gozar dunha merenda na cafetería.

 

O mandatario local destacou que “o programa Activa ten como obxectivo promover a participación dos veciños e, por outra parte, posibilitar espazos de encontro entre xeracións. A prioridade son as persoas e, por iso, durante este mandato duplicouse o presuposto destinado polo equipo de goberno a este programa, un feito que permitiu que máis persoas puidesen participar e que tamén se impartisen novas disciplinas”.

 

José Tomé Roca apuntou que “desta volta, unha das novidades foi que se estableceu a clase de ofimática nivel 2 para maiores de 50 anos”. Por outra parte, a programación dende setembro incluíu iniciación a pilates, manualidades, reciclaxe, costura creativa e baile.A maiores, no programa había manualidades, memoria, fotografía, risoteatro, reciclaxe e costura creativa, e como sacar partido ó móbil, redes sociais e internet. Cómpre destacar que varias das persoas que asistiron a estas actividades tiveron ocasión de probar dúas ou incluso, tres disciplinas diferentes.

 

O rexedor aproveitou para facer balance do ano e destacou que “xa no programa Activa que houbo de abril a xuño impartimos outras novidades: pilates, cociña, danza expresiva, restauración, saúde e beleza. Quero sinalar que o resultado xeral foi moi positivo posto que todas as actividades tiveron moito éxito e a xente quedou tamén moi satisfeita co traballo realizado por parte dos diferentes monitores”.

 

 

 

Máis participación

 

O mandatario local aproveitou o acto de clausura para agradecer a participación dos veciños no programa de actividades de Servizos Sociais. Así mesmo, José Tomé, lanzou unha mensaxe para animar ós veciños a seguir participando en vindeiras edicións: “este equipo de goberno ten como unha prioridade potenciar os Servizos Sociais, e nesa liña imos seguir traballando, porque actividades coma esta son moi positivas para o ser humano. Por ese motivo, en 2018 deseñaremos un novo programa de actividades e, para facelo, contaremos tamén coas voas opinións e valoracións. Ó fin e ó cabo, vos sodes os protagonistas e queremos que as clases sexan do voso agrado e dean resposta ós vosos gustos e intereses”.

 

As actividades do programa Activa leváronse a cabo este ano no Centro Cívico Social, ubicado no paseo do Malecón, e tamén nas parroquias.


  • Ampliar Foto...
  • Ampliar Foto...
  • Ampliar Foto...
  • Ampliar Foto...
  • Ampliar Foto...
  • Ampliar Foto...

Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
Novas Axudas ARI
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting