Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Febreiro - 2018  |  18:53:16
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O prazo para solicitar as axudas para rehabilitar vivendas na zona ARI está aberto ata o xoves, 8 de marzo

07/02/2018 - Novas de Monforte

O Alcalde acompañado de Natalia Díaz, da Oficina de Rehabilitación

O xoves, 25 de xaneiro, publicáronse no BOP as novas bases para solicitar as axudas para rehabilitar as vivendas que están situadas no Conxunto Histórico de Monforte. As persoas interesadas en acometer algunha obra de mellora nesta zona teñen de prazo ata o vindeiro xoves, 8 de marzo, para iniciar os trámites e consultar tódalas dúbidas na Oficina de Rehabilitación do Concello de Monforte.

 

Os beneficiarios das subvencións poden ser os donos dos edificios, pero as comunidades de propietarios e os consorcios e entes asociativos de xestión tamén é posible que as soliciten.En caso de que a execución da actuación corresponda a varios beneficiarios, a axuda vaise distribuír en proporción ó custe que asumira cada un deles.

 

As axudas previstas serán a fondo perdido e cubrirán un 45% do custe total da obra e haberá unha subvención máxima de 15.000 euros por cada vivenda. O financiamento destinado a este programa quedou reflectido nun convenio asinado entre a o Concello, a Xunta e o Ministerio de Fomento a finais de outubro. No caso concreto de Monforte para este ano 2018 o importe das axudas é de 128.229,53 euros.

 

Bonificacións do Concello

 

Ademais, o Concello ofrece unha bonificación do 30% no importe da Licenza de Obras de Rehabilitación no caso de realizarse dentro da actual delimitación de Conxunto Histórico Artístico de Monforte de Lemos.

 

Compatibilidade das axudas

 

Estas axudas son compatibles e pódense sumar a outras que adoitan saír anualmente como axudas para renovación de cubertas, compra de ventás, calefacción, baños e cociñas ou ascensores, entre outras. Tamén se pode conseguir a subvención dos intereses no caso de precisar un préstamo bancario.

 

Dende a Oficina de Rehabilitación ofréceselle ós veciños de Monforte o asesoramento necesario así como os trámites de todas as axudas compatibles. Por exemplo, no caso de renovación da cuberta de tella curva, estas axudas, sumadas a outras, poderían chegar a acadar ata o 85% do valor da obra.

 

Incentivos fiscais para cascos históricos en 2018

 

Ademais, a Área de Rehabilitación Integral do Conxunto Histórico de Monforte, poderá acceder ás rebaixas fiscais para a rehabilitación de inmobles e a instalación de negocios nos cascos históricos de Galicia.

 

Esta rebaixa fiscal inclúe una redución no IRPF do 15% do invertido cun límite de 9.000 euros para os propietarios que rehabiliten un inmoble nun centro histórico.

 

Axudas ARI

 

Logo dun período no que non se lograba incentivar á xente para que levara a bo fin as obras para as que solicitaban as axudas, e os solicitantes acababan renunciando, dende o 2012 soamente se conseguira executar unha obra con subvención na zona ARI.

 

En outubro do 2015 firmase o convenio para a fase 9º, no que fomos penalizados, debido ás continuas devolucións do diñeiro destinado as axudas no noso Concello, e soamente se nos concedeu un crédito de 44.700 euros para un máximo de sete actuacións de rehabilitación. Durante este tempo tramitáronse o total das sete actuacións ata esgotar o crédito concedido, das cales seis xa están rematadas e coa subvención abonada, outra está en fase de obra con prazo de execución ata outubro de 2018.

 

A que está agora en prazo de solicitude será a 10ª fase da concesión de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación Integral do Conxunto Histórico e Zonas de Respecto de Monforte de Lemos.

 

O importe do crédito concedido para as axudas que teñen de prazo de execución ata finais de 2018 incrementouse de forma considerable: son 128.229,53 euros para un máximo de 18 actuacións.

 

En documentación adicional, pódense consultar as bases e descargar o modelo de solicitude.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting