Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
26 - Abril - 2018  |  15:25:05
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O desfile do Martes de Entroido comezará dende a rúa Calvo Sotelo

09/02/2018 - Novas de Monforte

En concreto, os participantes iranse concentrando no tramo ubicado entre entre a Escola Oficial de Idiomas ata o cruce coa rúa Pontevedra.

 

A novidade é que as rúas Curros Enríquez e Pontevedra son os novos espazos que habilitará a policía local para que vaian chegando as comparsas que non teñan espazo suficiente na rúa Calvo Sotelo, antes da súa saída, prevista para as 17 horas.

 

Esta nova situación obriga a suprimir o estacionamento só nunha das marxes de Curros Enríquez e da rúa Pontevedra, dende o martes pola mañá, unha situación excepcional que durará ata a saída do desfile.

 

Ademais, ámbalas dúas rúas estarán pechadas ó tráfico dende as 15 horas do martes. A medida que o desfile vaia avanzando, o tráfico volverá a normalidade.

 

Os axentes da policía local vanse encargar de colocar carteis informativos para que os veciños da zona estean informados.

 

O resto do percorrido do desfile será igual que os anos anteriores.

 

Por certo, que xa se coñece o número de persoas que van participar no desfile do Martes de Entroido, serán preto de 1.100 persoas que se reparten do seguinte xeito:

 

  • 453 persoas nas comparsas de máis de 90 compoñentes

 

  • 290 persoas comparsas entre 51 e 90 compoñentes
  • 153 nas comparsas entre 25 e 50 compoñentes
  • 45 entre 4 e 24 compñentes
  • 13 individual adulto entre 1 e 3 compoñentes
  • 2 individual infantil de 1 a 3 compoñentes
  • 139 persoas de comparsas fóra de Monforte


    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting