Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
23 - Febreiro - 2018  |  18:49:35
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

AVISO!! Corte de auga na rúa do Conde o mércores 14, e de tráfico entre as rúas Roberto Baamonde e Otero Pedrayo

12/02/2018 - Novas de Monforte

O Concello informa ós cidadáns que a empresa Aqualia vai realizar un corte de auga o mércores, 14 de febreiro, durante a tarde e que afectará a todo o tramo da rúa do Conde. Esta interrupción vai afectar tamén ós números 43 (Bar Casablanca) e 45 da Avenida de Galicia.

 

Por outra parte, hai que destacar que tamén se pode ver afectada algunha das vivendas que estea conectada á rúa do Conde pero que teña a súa fachada pola rúa Roberto Baamonde. O corte de auga será dende as 15:30 horas ata as  20 horas.

 

Esta interrupción da subministración de auga faise para poder realizar melloras na rede xeral. En concreto, os operarios van instalar unha T no cruce entre a rúa do Conde e Otero Pedrayo.

 

Cómpre destacar que a realización desta obra vai obrigar a cortar o tráfico na Praza do Conde, concretamente, entre as rúas Roberto Baamonde e Otero Pedrayo.

 

A interrupción do tráfico será o mércores 14 e tamén o xoves 15 de febreiro. Con todo, no caso de que os traballos rematasen antes do previsto, a circulación de vehículos nesta zona da cidade quedaría restablecida o antes posible.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting