Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
21 - Maio - 2018  |  1:05:04
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

Monforte é o primeiro concello galego en adherirse á iniciativa Doing Business para fomentar a implantación de empresas

03/03/2018 - Novas de Monforte

Monforte acaba de recibir o certificado de Concello Emprendedor, un distintivo outorgado pola Xunta de Galicia e pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), e que premia a rápida actuación do Goberno municipal para cumprir as condicións establecidas no convenio de colaboración Concellos Doing Business Galicia, asinado entre o Goberno autonómico e a FEGAMP, e fomentar así a implantación e fixación de empresas en Galicia.

 

O Alcalde, José Tomé, destaca que “en canto recibimos a información deste convenio, quixemos axilizar os trámites para adherirnos o antes posible a esta proposta, porque malia que os Concellos carecen de competencias en materia de emprego, si queremos facer todo o que estea nas nosas mans para facilitar a creación de postos de traballo e conseguir a implantación de empresas no noso municipio”.

 

Para poder formar parte desta proposta, o Concello de Monforte tivo que aprobar no pleno bonificacións fiscais no imposto sobre bens inmobles (IBI), no imposto sobre actividades económicas (IAE) e tamén no imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO). Estas bonificacións poderán chegar ata o 95% pola creación de máis de 20 postos de traballo, do 75% cando se xeren entre 11 e 20 empregos ou ben, do 50% no caso de que se dea traballo a 10 persoas. Cómpre destacar que no caso do IBI e do IAE esta bonificación aplicarase durante 3 anos. E polo que respecta ó ICIO, a bonificación pode chegar ata o 95% cando se trate da creación de seis postos de traballo ou máis.

 

Estes cambios aprobáronse no pleno de outubro de 2017, precisamente o mesmo mes no que a Xunta de Galicia e a FEGAMP asinaron o convenio Doing Business Galicia. O Concello de Monforte foi o primeiro de toda Galicia en facer chegar á Consellería de Economía, Emprego e Industria toda a documentación necesaria para adherirse a esta proposta. En concreto, foille remitida logo de aparecer publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e de superar o período de exposición pública.

 

A consecución para Monforte do certificado de Concello Emprendedor demostra o compromiso do Alcalde e do Equipo de Goberno para crear as condicións máis favorables que permitan a implantación de empresas en Monforte.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting