Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
21 - Maio - 2018  |  1:04:45
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello presenta o vídeo e o cartel da XVI edición da Feira Medieval, que se celebrará o 31 de marzo e 1 de abril

05/03/2018 - Novas de Monforte

O Alcalde, José Tomé, deu a coñecer a campaña promocional da décimo sexta edición da Feira Medieval de Monforte, un evento que se celebrará os vindeiros 31 de marzo e 1 de abril. Durante a roda de prensa o rexedor estivo acompañado da concelleira de Cultura, Marina Doutón, do produtor Iván Patiño, e do deseñador do cartel Xosé Quiroga.

 

 “Este ano queremos facer unha campaña de difusión da Feira moito máis intensa”, manifestou o mandatario local, “estamos á espera de que a Xunta de Galicia dea resposta á nosa solicitude para que o evento sexa declarado de Interese Turístico e, aínda que non chegue para esta edición, o importante é que a resposta do goberno galego sexa positiva”.

 

José Tomé explicou que “empezamos a programala con moito tempo de antelación; xa dende o derradeiro trimestre do pasado ano, e intensificamos os preparativos en xaneiro”. Por outra parte, o rexedor indicou que “este ano máis dun cento de postos, en concreto, 161, solicitaron xa participar neste evento. Esta é a cifra máis alta dende que se celebra a Feira; un dato que demostra como este acontecemento se consolida cada vez máis”.

 

Ademais, o Alcalde adiantou que “nesta décimo sexta edición aumentamos o espazo que vai ocupar a Feira Medieval. A maiores das localizacións do pasado ano, ocuparemos tamén a praza das Clarisas e o Campo de San Antonio”.

 

Vídeo e cartel para a promoción da Feira Medieval

 

As imaxes do vídeo que se presentou hoxe foron filmadas durante a Feira Medieval do pasado ano e un ano máis, o traballo leva a sinatura de Iván Patiño, produtor de Amanita Films.

 

O vídeo promocional vaise difundir a través do mupi do Cardeal, do facebook do Concello e tamén dende a web do Eixo Atlántico. Este organismo vaise encargar de distribuílo ós 38 concellos que conforman a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

 

 

Pola súa parte, o autor do cartel é Xosé Quiroga. Unha das novidades deste ano é que a imaxe central é unha muller: “dende o propio Concello solicitámoslle expresamente ó deseñador que empregase este elemento. Ademais, mantemos outros aspectos que son identificativos de Monforte, como é o caso da Torre da Homenaxe e da Tau, que foi o noso escudo durante moito tempo”, detallou o Alcalde.

 

Máis publicidade

 

O mandatario local engadiu que ademais haberá insercións publicitarias tanto en medios locais como provinciais e autonómicos, tanto nos nos xornais como nas emisoras.

 

“Repartiremos carteis en todos os establecementos para colocalos nos negocios e nos kioscos de Monforte. Por outra parte, imos encargarnos de distribuílos por toda a comarca e tamén nas principais cidades de Galicia”, detallou o Alcalde.

 

José Tomé explicou que tamén se encargaron unhas banderolas para poder penduralas nas farolas de Chantada e de Sober, que celebrarán as súas respectivas Feiras do Viño. “Dous eventos que teñen unha afluencia de visitantes moi importante”, matizou Tomé Roca.

 

VÍDEO PROMOCIONAL XVI FEIRA MEDIEVAL

https://www.facebook.com/concellomonforte/videos/2035691346539126/

 


  • Ampliar Foto...

Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
Novas Axudas ARI
Escudo do Concello de Monforte de Lemos

(c) Concello de Monforte de Lemos
Campo Santo Antonio S/N
27400 Monforte de Lemos (Lugo)
Tlf. 982 40 25 01

Consultas e Soporte Web:
webmaster@monfortedelemos.es
Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
Programación e Deseño Web: Ainet Consulting