Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
21 - Maio - 2018  |  1:06:39
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello recorrerá a decisión da Xunta de rexeitar a declaración da Feira Medieval como Festa de Interese Turístico

08/03/2018 - Novas de Monforte

O Alcalde compareceu, acompañado dos técnicos de Cultura e de Emprego, para anunciar que a Xunta acaba de rexeitar a declaración da Feira Medieval como Festa de Interese Turístico de Galicia, tal e como fora aprobado polo pleno da corporación. Nun escrito asinado polo Director de Competitividade de Turismo, o goberno galego alega que o evento non cumpre co requisito de ter  20 anos de antigüidade. Malia todo, a normativa da Xunta contempla a posibilidade da declaración de Festa de Interese con 15 edicións, como é o caso da Feira Medieval de Monforte, sempre e cando se cumpran unha serie de requisitos.

 

 “O Decreto 4/2015 de 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de Festas de Interese Turístico de Galicia, recolle que a antigüidade mínima poderá ser dispensada cando unha valoración conxunta dos requisitos e criterios recollidos na presente regulación así o aconselle, pero en ningún caso poderá ter unha antigüidade menor de 15 anos, cousa que cumprimos”, explicou José Tomé.

 

O mandatario local engadiu que “o Concello de Monforte solicitoulle á Xunta a declaración da Feira Medieval como Festa de Interese apoiándose na singularidade do evento, no arraigo que ten na comarca, na realización de accións promocionais, no seu valor cultural e na continuidade do evento no tempo; aspectos todos eles que aparecen recollidos na normativa do goberno”.

 

Ante esta situación, o Alcalde manifestou o seu malestar: “consideramos que cumprimos con estas cinco singularidades, polo que non entendemos a negativa da Xunta, que dun xeito discrecional denéganos a solicitude en valorar os elementos que a fan diferente. Baixo o noso punto de vista, se o único criterio da Xunta é argumentar a antigüidade dos 20 anos, deberían modificar o decreto para suprimir a posibilidade de facer a solicitude ós 15 anos”.

 

Discriminación ó Concello de Monforte

 

O Concello ten previsto recorrer esta decisión da Xunta no prazo dun mes, para que sexan atendidos os argumentos que a administración municipal detallou na súa solicitude para o recoñecemento da Feira Medieval como Festa de Interese Turístico de Galicia.

 

“Como Alcalde, considero que o goberno galego está discriminando ó Concello”, afirmou José Tomé, “a declaración de Festa de Interese Turístico sería unha ferramenta para promocionar un evento único no interior de Galicia, axudaría a promocionar o conxunto da Ribeira Sacra e tamén serviría para darlle maior difusión do Camiño de Inverno. Hai que ter en conta que o percorrido desta ruta de peregrinación a Compostela atravesa as rúas nas que se desenvolve a Feira Medieval”.

 

Por outra parte, o rexedor destacou que “é inaceptable que a Xunta nos diga no seu escrito que o podemos volver realizar a solicitude cando a Feira cumpra 20 anos. Diante disto, só teño que darlle as gracias porque iso xa o recolle no decreto e sabémolo ler. O que tratábamos era adiantar ese recoñecemento baseado en razóns culturais, artísticas, gastronómicas e de promoción do mundo rural”.

 

José Tomé engadiu ademais “estou convencido de que a Xunta non nos concede a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia porque o PP non goberna neste Concello”.

 



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting