Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
21 - Maio - 2018  |  1:06:03
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello inviste 83.000 euros na mellora doutras sete rúas

09/03/2018 - Novas de Monforte

O Alcalde segue adiante co seu obxectivo de mellorar as rúas da cidade e esta mañá presentou un novo proxecto que beneficiará, principalmente, ás zonas periféricas de Monforte: “desta volta, os traballos serán nas rúas Doutor Fleming, Ponte dos Picos, Muíños de Antero, Filgueira Valverde, o camiño de Guntín e ademais, instalarase un redutor de velocidade na Estrada de Piñeira-A Vide e construiremos un paseo na estrada de Piñeira ata a estrada do Reboredo”, detallou José Tomé.

 

Estas vías disporán dunha nova capa de aglomerado en quente, de 5 centímetros de espesor. Esta actuación suporá unha mellora da pavimentación. Por outra parte, vaise proceder ó pintado de sinalización horizontal así como á colocación de sinais verticais.

 

O investimento destinado a este proxecto ascende a 83.000 euros.

 

Rúa Doctor Fleming

 

O Alcalde explicou que “neste caso, dámoslle continuidade á plazuela da rúa da Estrela, ata o paso da vía de ferrocarril, cunha capa de aglomerado en quente en todo o ancho da rúa. O máis relevante da mellora da rúa Doctor Fleming é que, por primeira vez, se vai a asfaltar o barrio dos Beneiras”, detalla José Tome, “resulta curioso que a estas alturas o barrio dos Beneiras, integrado na zona urbana de Monforte, aínda hoxe ten o firme de terra”.

 

Rúa Ponte dos Picos

 

A obra consiste nunha mellora integral do barrio, así como dos accesos. Vaise actuar dende a vía do ferrocarril ata a saída á rúa Benito Vicetto, nas proximidades da rotonda da Nacional 120, e inclúe tamén o espazo que hai entre as vivendas do propio barrio dos Picos.

 

Muíños de Antero

 

Os traballos consisten na dotación dunha capa de rodadura dende o paso da vía do ferrocarril, na unión coa rúa da Estrela, ata o cruce con Benito Vicetto. José Tomé destaca que “deste xeito, conseguimos unha mellora integral de toda esa zona, posto que xa realizamos obras nas rúas Benito Vicetto, Malvarón e A Estrela”.

 

 

Filgueira Valverde

 

Neste caso, o Alcalde apunta que  “se trata dunha rúa moi deteriorada e que leva moitos anos sen ser arranxada, a pesar de que alí houbo unha certa actividade industrial relacionada coa carpintería metálica, co automóbil, e coa hostalería. Será pavimentada e sinalizada axeitadamente para permitir a ordenación dos estacionamentos”.

 

Paseo dende a estrada de Sober ata estrada do Reboredo

 

Ademais do aglomerado en quente, vaise habilitar un carril bici, que será sinalizado convenientemente, con liñas e balizas.

 

Reductor de velocidade

 

Vaise instalar na estrada que vai de Piñeira ata A Vide, “o que pretendemos é dar unha solución ós accidentes que, con certa frecuencia, se producen no cruce desta estrada coa estrada da Deputación”.  



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting