Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
26 - Abril - 2018  |  5:23:31
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello habilita máis de 500 prazas para o programa Activa 2018

02/04/2018 - Novas de Monforte

No vindeiro mes de maio comeza unha nova edición do programa ACTIVA, un conxunto de actividades que se van desenvolver tanto no Centro Cívico Social como nas parroquias.

 

Convócanse un total de 545 prazas, desa cantidade 305 corresponden a actividades do  Centro Cívico e 240 prazas nas parroquias.

 

“O obxectivo deste programa é conseguir un envellecemento activo, promover o intercambio entre xeracións e fomentar a participación dos veciños”, explica a concelleira de Servizos Sociais, Gloria Prada.

 

Polo que respecta ó programa formativo do Centro Cívico, vanse ofertar 17 actividades, que se van dividir en dous   bloques:

  • Actividades para maiores de 14 anos
  • Actividades para maiores de 55 anos

En concreto, haberá:

ximnasia mantemento, ximnasia acuática, conservando a memoria, risoterapia,manexo do móbil, internet e correo electrónico, informática (niveis iniciación e perfeccionamento),inglés para maiores, manualidades, costura creativa, encaixe de bolillos, baile (nivel iniciación e perfeccionamento),tapas e petiscos, pilates, fotografía e beleza e saúde natural.

 

No caso das parroquias, os veciños poderán elixir entre 5 actividades distintas:

 

Ximnasia mantemento, conservando a memoria, manualidades, baile e risoterapia.

 

As clases vanse desenvolver de maio a xullo e terán unha duración de 20 horas. Posteriormente, abrirase unha nova convocatoria no mes de setembro. Neste caso, as actividades serán de outubro a decembro.

 

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades do Centro Cívico poderán presentar a solicitude na Secretaría dos Servizos Sociais, situada no primeiro andar ou no Rexistro situado na casa do Concello do 5 ó 18 de abril.

 

No caso das parroquias, serán os representantes destas os que soliciten a concesión dunha actividade das ofertadas e os veciños/as no mesmo prazo. Os /as veciños/as interesados en participar na actividade dirixiranse ó responsable da parroquia para inscribirse ana actividade concedida.

 

Novidades da edición ACTIVA 2018

 

•             Ampliación de prazas en actividades con maior demanda o ano anterior creando 2 grupos: Baile, costura creativa, ximnasia mantemento e manualidades.

 

•             Actividades novas: Inglés para maiores, tapas e petiscos, encaixe de bolillos

 

•             Reserva prazas para persoas con discapacidade (1 praza por grupo)

 

•             Proceso adxudicación prazas no Centro Cívico a través de sorteo público, para que poidan acceder persoas que noutras edicións non o fixeron e que era unha das demandas recibidas.

 

•             No caso das parroquias serán os responsables destas os que realicen a solicitude.

 

•             Solicitudes de actividades no centro cívico poderá facerse a nivel individual ou conxunta (con acompañante) de cara a facilitar que podan participar persoas con relación de parentesco  que polo sorteo pudiesen quedar fóra.

 

Para máis información dirixirse o centro de servizos sociais situado no Paseo do Malecón s/n (982 416 541) ou no seguinte enlace:   http://www.monfortedelemos.es/contenidos.asp?sec=33&id=1191

 



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting