Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
26 - Maio - 2018  |  10:22:13
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

A Praza de Abastos acolle un mercado de plantas e flores a fin de semana do 19 e 20 de maio

07/05/2018 - Emprego e Promoción Económica

A Praza de Abastos de Monforte acollerá un mercado de Plantas e Flores durante a fin de semana do 19 e 20 de maio.

 

O horario será de 10 a 14 horas e de 17 a 20:30 na xornada do sábado; mentres que o domingo abrirá só pola mañá, neste caso, de 11 a 14 horas.

 

O Alcalde, José Tomé, explica que “aproveitando que este mes de maio coincide coa época de maior exaltación da natureza, e coa celebración do Día Mundial da Reciclaxe e do Día Mundial de Fascinación polas Plantas, queremos concienciar da importancia que teñen as plantas para o noso planeta. Por iso, dende o Concello queremos convidar a todo o mundo a participar nestas xornadas nas que o público poderá achegarse a todo tipo de productos relacionados coa xardinería e coa horticultura”.

 

Os visitantes atoparán plantas ornamentais e de horta, ferramentas de xardinaría, decoración de interior e exterior, testos para plantas...

 

Obradoiros para nenos e adultos

 

Durante a fin de semana vanse impartir dous obradoiros de decoracións de testos para plantas.

 

O do sábado será de 18 a 20 horas, e irá dirixido ós máis pequenos da casa.

 

Mentres, na xornada do domingo o obradoiro comezará ás 12 horas e terá unha maior complexidade, por ese motivo, está pensado para nenos e adultos.

 

A idea é a de empregar todos aqueles materiais en deshuso dos fogares e que poden servir como soporte para plantas e para os xardíns.

 

A celebración deste mercado forma parte da campaña Quere o teu mercado, promovida pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta nas prazas de abastos galegas, e onde o Concello participará un ano máis con esta actividade, tamén haberá diferentes agasallos aos clientes do mercado como xa fixemos nos dous últimos anos: mandís, bolsas de tea, globos, lapis e caramelos, entre outros.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting