Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
26 - Maio - 2018  |  10:22:26
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

O Concello amplía as melloras na iluminación pública ás rúas do Conde e Hortas

07/05/2018 - Novas de Monforte

Tal e como anunciara o Alcalde, coa entrada en vigor do presuposto municipal, que se fixo efectivo en marzo, o Concello segue adiante con novos proxectos para continuar avanzando na mellora de iluminación pública da cidade.

 

Nesa liña, o Goberno municipal ten previsto actuar na rúa do Conde así como na de Hortas: “na rúa do Conde vimos de realizar un importante proxecto de renovación integral e agora, cómpre dar un paso máis para que os veciños que residen nesta zona poidan gozar dunhas mellores condicións. Por iso, imos dotala dunha nova iluminación”, explica o Alcalde, José Tomé, “en concreto,  os operarios van substituír o actual alumeado de vapor de sodio por outro novo de haloxenuro metálico e que, neste caso, emite unha luz branca que xera unha mellor visión”.

 

Ademais, esta mesma actuación vaise acometer na rúa Hortas: “neste caso, trátase dunha rúa comercial, polo tanto, a mellora vai beneficiar non só os seus residentes e comerciantes, senón tamén a tódolos veciños e veciñas de Monforte que realicen parte das súas compras ó longo da rúa Hortas”.

 

Cómpre destacar que o Goberno municipal rematou xa estas mesmas tarefas na Avenida de Galicia, en Escultor Francisco Moure, na rúa Sarria, en Miguel de Cervantes, nas Malloadas, e en Clara Campoamor (xulgado): “malia seren todas elas arterias relevantes para o tráfico de vehículos e de peóns, eran rúas cunha iluminación de semipenumbra”.

 

Máis rendemento lumínico

 

O Alcalde, José Tomé, destaca que “con todos estes traballos o que imos conseguir é aumentar o rendemento lumínico da instalación pero sen que haxa un incremento no consumo. Tal e como vimos demostrando con diferentes actuacións como na rúa Ferrocarril, no Paseo do Malecón, en Aceña Nova, na rúa do Cardeal, en Abeledos, ou no parque infantil da Compañía, entre outras; unha das prioridades deste Goberno municipal está sendo recuperar e mellorar a iluminación de Monforte”.

 

Estas tarefas no alumeado público súmanse ós traballos que se xa se levaron a cabo en moitas zonas da cidade e tamén das parroquias. “Temos a vontade de seguir facendo actuacións deste tipo noutras rúas da cidade ata conseguir unha mellora global do alumeado público, co obxectivo de que Monforte sexa unha cidade con máis luz”, explicou o Alcalde, José Tomé.

 

Por outra parte, o mandatario local fai fincapé en que “ó longo deste ano imos levar adiante outros proxectos similares a este noutras zonas da cidade, e que beneficiará, entre outros, o barrio da Estación, para que deste xeito poidamos completar actuacións que xa se fixeron con anterioridade”.

 

O Alcalde destaca que “tíñamos claro que unha das nosas principais actuacións tiña que ser a mellora do alumeado público, tanto no urbano coma no rural. De feito, na zona rural entre a instalación de novos puntos de luz e o encendido de farolas que estaban apagadas, a día de hoxe hai máis de 200 puntos de luz, unha cifra que antes non existía”.  

 

Co proxecto de renovación con tecnoloxía led que anunciou recentemente o mandatario local, e que vai mellorar 8 rúas que son os principais accesos á cidade, que se verán complementados con outros  ó longo do ano para mellorar outras zonas da cidade, isto vaise traducir nun antes e un despois no alumeado público de Monforte.

 



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting