Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
26 - Maio - 2018  |  10:22:16
Aviso Legal  |  Portada
Web en Galego GALEGO    |    Web en Castellano CASTELLANO    |    English Version ENGLISH

A IV Ruta BTT Castelo Bike-Concello de Monforte será o domingo, 27 de maio

08/05/2018 - Deportes

O Club Castelo Bike organiza a cuarta edición da ruta deBTT Castelo Bike, que se vai celebrar o vindeiro domingo 27 de maio; un evento que conta coa colaboración do Concello de Monforte.

 

Esta ruta cumpre xa a súa cuarta edición e vaise consolidando dentro do calendario de rutas de BTT en Galicia. O número de prazas ofertadas ascende a 220, unha cifra que dende a organización confían en cubrir na súa totalidade.

 

Un dos obxectivos fundamentais da organización é que todas as persoas participantes gocen da bicicleta de montaña así como do contacto coa natureza.

 

A ruta consta de tres percorridos diferentes, para poder adaptalos ó nivel dos participantes:

 

  • Percorrido longo, de 49 quilómetros; que require cun nivel físico-técnico elevado
  • Percorrido medio, de 43 quilómetros, para un nivel físico-técnico medio
  • Percorrido curto, de 29 quilómetros, nivel físico-técnico baixo.
  •  

O prazo para inscribirse na IV Ruta de BTT Castelo Bike - Concello de Monforte estará aberto ata o mércores, 23 de maio, e poderá facerse a través da plataforma online www.championchipnorte.com.

 

O custe da ruta, en calquera das súas distancias, é de 15 euros, pero tamén existe a posibilidade de asistir ó xantar posterior. Neste caso, o custe da inscrición é de 25 euros.

 

Ruta solidaria

A ruta tamén ten un carácter solidario. Todas aquelas persoas que o desexen, poderán colaborar e facer a súa aportación coa entrega de alimentos non perecedoiros.



    Libro Lois Pereiro #2015anoLoisPereiro
    Novas Axudas ARI
    Escudo do Concello de Monforte de Lemos

    (c) Concello de Monforte de Lemos
    Campo Santo Antonio S/N
    27400 Monforte de Lemos (Lugo)
    Tlf. 982 40 25 01

    Consultas e Soporte Web:
    webmaster@monfortedelemos.es
    Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI ¡CSS Válido!Valid XHTML 1.0 Transitional
    Programación e Deseño Web: Ainet Consulting