TEATRO INFANTIL NO EDIFICIO MULTIUSOS /DOMINGO 10 DE NOVEMBRO DE 2024 ÁS 18:00 H -TROPOS, TEATRO DE TÍTERES CON LA RATITA PRESUMIDA

O domingo 10 de novembro ás 18:00 h e no Edificio Multiusos terá lugar a segunda cita co teatro para público infantil e familiar dentro da programación da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia en Monforte de Lemos. A compañía TROPOS, TEATRO DE TÍTERES presenta LA RATITA PRESUMIDA, obra dirixida a un púbico infantil de 3 a 10 anos, composta por Charles Perrault, dirixida por Eduardo Guerrero e coa interpretación de Patricia Arroyo e Guillermo Gil.

O amor non se pode escoller. As veces chega e logo vaise. As veces quédase para sempre e as veces non o atopas nunca. Outras, o tes tan preto que nin o ves.

A ratiña Martina e o rato Martín son bos amigos. Un día, Martina atopa unha moeda e decide comprarse un lazo na mercería do seu amigo Martín e está tan guapa que comezan a choverlle pretendentes. O Señor Pato, Don Sapito, Don Gato⋯ ¿cal será a mellor elección?.  A ratiña non se deixará conquistar fácilmente, nin Martín permitirá que lle arrebaten o amor da súa vida. Unha divertidísima versión do coñecido conto tradicional chea de cancións e retahílas infantís.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para nenos, desempregados, xubilados e estudantes.