Histórico

Insertar las palabras para la búsqueda
Fecha inicial
Fecha final
Título Contenido Fecha de creación Tipo de contenido
O goberno municipal considera urxente a construción dunha nova depuradora

O grupo de goberno do concello de Monforte rexistrou, para ser debatida no próximo pleno, unha moción na que reclama a construción dunha nova depuradora de augas residuais (EDAR).

 

17/03/2012 Noticias histórico
O Concello tramitará a ampliación da actual zona ARI

O alcalde de Monforte entrevistouse esta mañá en Compostela co Director Xeral do IGVS, José Boné Pina, para expoñerlle a intención do Concello de solicitar unha ampliación da Área de Rehabilitación Integral da cidade (ARI) e avaliar a viabilidade da aprobación da citada ampliación. 

 

20/03/2012 Noticias histórico
O goberno municipal reclama solucións satisfactorias á problemática das participacións preferentes

O grupo de goberno do Concello de Monforte rexistrou, para ser debatida no próximo pleno, unha moción relativa á protección das persoas afectadas pola colocación masiva de participacións preferentes.

 

21/03/2012 Noticias histórico
As Xornadas de Saúde e o Obradoiro de Mecánica centran a actividade do CIM

As V Xornadas de Prevención da Saúde na Muller centrarán mañá as actividades que se desenvolven dende o CIM co gallo da conmemoración do 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”.

 

Mañá impartirase a segunda charla destas xornadas nas que expertos en temas sanitarios abordan diferentes aspectos relacionados coa saúde na muller.

21/03/2012 Noticias histórico
Monforte opta á "Escoba de Plata" coa que se premia o compromiso cidadán coa limpeza da cidade

O Alcalde anunciou que o concello de Monforte presentou a súa candidatura para o concurso Escoba de Plata 2012, e que ten de prazo ata finais de mes para enviar a documentación necesaria para optar ó citado premio.

 

22/03/2012 Noticias histórico
O Eixo Atlántico quere que Monforte sexa nó loxístico de mercadorías

Un grupo de expertos galegos e portugueses traballan na actualización do Mapa de Infraestruturas do Eixo Atlántico, Galicia Norte de Portugal, documento no que se refrenda o papel de Monforte como nó e plataforma loxística de mercadorías.

 

21/06/2012 Noticias histórico
O Presidente da Deputación defende a Monforte como nó ferroviario de mercadorías

O Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, visitou hoxe venres o concello de Monforte, onde foi recibido polo Alcalde e os/as voceiros/as dos grupos políticos municipais.

 

Gómez Besteiro reuniuse conxuntamente con Severino Rodríguez e cos portavoces municipais e, posteriormente, mantivo unha entrevista de carácter privado co Alcalde.

22/06/2012 Noticias histórico
A Mesa Local de Comercio debateu propostas do CCU

A Mesa Local de Comercio de Monforte celebrou esta mañá a primeira reunión, despois da preceptiva de constitución que tivo lugar o día 8 de xuño. A xuntanza de hoxe xa fora anunciada o día da constitución deste órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a administración local e os axentes representativos do sector comercial.

 

26/06/2012 Noticias histórico
Os delitos descenderon máis dun 9% no que vai de ano en Monforte

O subdelegado do goberno, Ramón Carballo, e o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez,  presidiron a sesión ordinaria da Xunta Local de Seguridade que se celebrou hoxe martes día 26 de xuño na Casa do Concello de Monforte.

 

26/06/2012 Noticias histórico
A nova potabilizadora será unha realidade no ano 2014

03/07/2012 Noticias histórico