TEATRO na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, VIRAVENTOS con COPACABANA sábado 14 de decembro ás 20:00 h

O Concello de Monforte de Lemos integrado nos Circuitos de Teatro Afeccionado e Profesional da Deputación Provincial de Lugo Vicepresidencia Cultura presenta a obra COPACABANA do Grupo de Teatro monfortino VIRAVENTOS. O espectáculo terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o sábado 14 de decembro ás 20:00h con entrada libre e gratuíta.

Sinopse: estas son as andanzas dun grupo de amigos e amigas moi dispares, sen nada en común, pero aos que a vida xuntou para levar a cabo unha misión conxunta. Esta é unha comedia de enredos onde o público pode verse reflexado nalgún dos personaxes, chegando a comprender por que fan o que fan, por moi disparatado que sexa, empatizando con cada un deles. Trátase dunha legoría da vida, das gañas de vivir, da amizade, da diversión e, sobre todo, trátase dunha reflexión que nos leva a conclusión de que nunca é tarde para gozar da vida, de que xamais temos que darnos por vencidos e de que a unión fai a forza.

Autoría e dirección: Candela López e Marcos Vázquez

Elenco: Elena Arnaiz, Juan Castro, Pury Conde, Manuel Fuentes, Teresa González, Mari Pradera, Olli Rodríguez,
González Rodríguez, Josi Rodríguez e Marina Vidueira.

O Grupo de Teatro Viraventos, da comarca de Lemos, é un grupo amador formado por once persoas apaixoadas do teatro, que levan moito tempo desfrutando tando de velo como de facelo. Ano tras ano poñen moito interese na creación e na representación de obras, chegando a conformar unha "gran familia de teatreiros e teatreiras". O seu lema é que ser amador non é menos que ser profesional, simplemente é outra maneira de facer as cousas.