Monforte acolle mañá sábado o encontro de Conservatorios de alumnos de corda de grao elemental

Monforte de Lemos, 29 de marzo de 2019. Mañá sábado día 30 de marzo, terá lugar no Conservatorio Municipal de música “Mestre Ibáñez” de Monforte un encontro de alumnos de corda a nivel estatal, con alumnos dos conservatorios profesionais de Alcalá de Henares (Madrid), Mallorca, Ourense e Monforte. Nel participarán alumnos/as de violín, viola, violonchelo e contrabaixo de grao elemental. 

Este encontro está organizado polo Conservatorio Municipal e a Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Igualdade do Concello de Monforte.

 

O acto comezará as 10:00 horas cunha recepción do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, no consistorio municipal a todos/as os/as alumnos/as participantes. A continuación os alumnos e profesores acompañantes visitarán a Torre da Homenaxe.

Será a partir das 12:00 do mediodía cando se empezarán a desenvolver as actividades musicais con ensaios en conxunto dos grupos no Conservatorio municipal.

Ás 14,00 horas terá lugar unha comida de confraternidade entre todos os alumnos e profesores participantes que terá lugar no clube fluvial de Monforte.

A partir das 16,00 horas retomaranse os ensaios de grupos e configurarase unha gran orquestra de corda formada por todos os grupos.

Ás 19:00 horas terá lugar un concerto aberto ó público no Auditorio do Edificio Multiusos, onde os grupos interpretarán primeiro por separado e despois conxuntamente en orquestra diversas obras. Con este acto rematará o encontro.

 

O PROGRAMA de dito concerto é o seguinte:

 Orquestra de corda de grao elemental do Conservatorio profesional de Alcalá de Henares (Madrid)

  • Simple Square dance- D. Straub
  • Bouree- E.P. Chedeville
  • Calliope- B. Dardess
  • Pizz Parade- D. Shaffer
  • Harry Potter- J. Williams (arr. Paul Cook)

Acompaña ó piano: Mª Quiroga Álvarez e Claudia P. Barrientos.

Profesores: Kepa de Diego Cortázar, Carlos Carramolino Hernández e Mª José Fueyo Muñiz.

Directora: Mª José Fueyo Muñiz.

 

Orquestra de corda de grao elemental do Conservatorio profesional de Mallorca

  • Marco takes a walk- Sheila M. Nelson
  • Hyde Park dance- Gregg A. Porter
  • La ci darem la mano- Wolfgang A. Mozart
  • Manya de carnaval- Luís Bonfa
  • Largo al factorum- Gioachino Rossini

Profesores: Ricardo Duato Castillo, Josep Romero Barberá e Miquel Ferrá Pol.

Director: Miquel Ferrá Pol.

 

Orquestra de corda de grao elemental dos Conservatorios profesionais de Ourense e Monforte de Lemos

  • Pizzo Calypso- Paul Lavender
  • A monster under my bed- Jeff Frizzi
  • Do-Re-Mi (From The Sound of Music)- Richard Rodgers
  • Dos Arias Escocesas- Arr. Sheila M. Nelson
  • Samba la bamba- Williams Owens

Profesores: Mª Rosa de la Vega e Miguel Álvarez Fernández.

Directora: Mª Rosa de la Vega.

Orquestra conxunta de corda de grao elemental dos Conservatorios profesionais de Alcalá de Henares, Mallorca,  Ourense e Monforte de Lemos

  • Autumm leaves- Johny Mercer (arr. M. Ferrá)
  • Polka de Ryan- Trd. Irlandesa (arr. Sheila M. Nelson)
  • Rhumbolero- John Caponegro

Dirixen por esta orde:

Miquel Ferrá Pol

Mª José Fueyo Muñiz

Mª Rosa de la Vega