Monforte vístese de artesanía entre o 3 e o 7 de agosto

02/08/2018 Este venres día 3 comeza na rúa Cardenal de Monforte unha nova edición de Artelemos. A mostra de artesanía organizada polo concello contará este ano con 27 postos (complementos de moda, marroquinaría, madeira e pizarra, coiro, olería de Gundivós, cerámica, obxectos de decoración, xoiaría...

Monforte é música. Festival 17º Ribeira Sacra

  24/07/2018 O Festival 17° Ribeira Sacra celebra a súa segunda edición despois do éxito colleitado na primeira experiencia do 2017. Nesta ocasión amplíase a programación a dúas fins de semana, do 27 ao 29 de xullo e os días 4 e 5 de agosto. As actividades do festival distribúense por distintos...

Horario para visitar o Museo de Arte Sacro

16/07/2018 O Museo de Arte Sacro das Nais Clarisas atópase no convento de Santa Clara, fundado a mediados do século XVII por Catalina de la Cerda y Sandoval, esposa do VII Conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro. O museo é un dos máis importantes de Monforte.  A colección acolle esculturas,...

A fin de semana no Festival do Viño

  05/07/2018 O Festival do Viño da Ribeira Sacra abrirase o sábado coa ViñoRuta do Miño, “Camiñando entre viñas” que sairá ás 9.30 do Parque dos Condes. @s participantes visitarán unha adega no Cabo do Mundo na que terán cata comentada e achegaranse ao viñedo, coñecerán tamén o Pazo de Arxeriz, a...

Comeza o Festival do Viño da Ribeira Sacra

05/07/2018 O Paseo do Malecón de Monforte acolle desde o venres 6 de xullo ata o día 8 o “Festival do Viño da Ribeira Sacra". A cita organizada polo Concello de Monforte de Lemos e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra inaugurarase o día 6 ás 19.00 h. Se ben a apertura dos...

Vive Monforte

  02/07/2018 Acabamos de comezar a tempada alta de verán e Monforte quere volver a ser un centro de cultura, música e turismo nesta época estival, como xa o fora o pasado ano. Un 2017 no que se rexistrou a maior afluencia de visitantes dos últimos anos á cidade do Cabe. Para ir abrindo boca...

“Nunca me perdonarei non ter vido antes aquí”- Familia Iglesias Núñez en Monforte e na Ribeira Sacra.

28/06/2018 Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra foron o destino do programa da TVG, “Álbum de viaxe” que se emitía o 16 de xuño e que agora podemos ver xa en internet. A familia protagonista desta viaxe comezou a súa aventura no Parador de Turismo de Monforte. Visitaron algúns dos puntos máis...

Goza os paseos en barca polo río Cabe

  23/06/2918 O río Cabe é punto de referencia en Monforte durante o verán. Un dos principais atractivos na época estival son os paseos en barca. Si queres gozar desta opción de lecer que nos ofrece unha nova visión de Monforte desde o río debes acudir ao Parque dos Condes. O embarcadoiro do parque...

II edición Festival 17º Ribeira Sacra

Este ano o Festival 17º Ribeira Sacra celebrarase os días 27, 28 e 29 de xullo. Trátase dunha das citas musicais máis singulares do calendario estival, na que conviven día e noite artistas nacionais e internacionais, viño, gastronomía e patrimonio nun marco natural de excepción, a Ribeira Sacra. Os...

II Festival do Viño da Ribeira Sacra

A segunda edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra , organizado polo Concello de Monforte de Lemos e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, celebrarase os días 6, 7 e 8 de xullo no Paseo do Malecón, á beira do río Cabe, un entorno idílico para desfrutar non só dos nosos...