Comer en Galicia é sempre garantía de produto de calidade e si a costa está asociada ao marisco, o interior é zona de carnes deliciosas, produtos de horta, peixes de río, queixos, caza, cogumelos, empanadas e polbo.
A tradición das tapas está fondamente enraizada en Monforte. Ao mediodía e ao terminar de traballar polas tardes, a xente sae aos bares e bébense seus viños acompañados dalgo para comer, as tapas. É un encontro entre amig@s e un momento de esparexemento que dá ambiente á cidade. En calquera restaurante ou cantina podemos comer o prato que desexemos ou gozar dunhas racións.
A empanada por excelencia de Galicia é a empanada de Monforte e xunto coa empanada, o pan, con pans artesáns en forno de leña que case non precisan de ningún acompañamento. En canto ás empanadas podes atopar de todos os ingredientes, desde as típicas de atún e carne ou as de polo, congro, bacallau, zamburiñas, zorza, ósos,... Esta última e a de iscos son as máis típicas aquí. Pódelas encargar nunha panadería e gozar delas para unha merenda ao aire libre. Xunto ao río Cabe… por exemplo. O polbo é un dos pratos de referencia en Galicia, pero onde mellor se prepara é no interior, a lo menos é o que pensamos sempre os de interior. O “pulpo á feira” pódelo gozar nos días de feira, os 6 e 24 de cada mes ou nalgunhas das polbeirías da cidade calquera día. E nas sobremesas, a larpeira é a estrela. Unha bola doce con ese sabor que nos traslada á infancia. Larpeira en galego quere dicir “golosa”, así que xa vos podedes imaxinar o agasallo para o padal.