O Camiño de Inverno é unha ruta de peregrinación a Santiago, coincidente coa entrada natural a Galicia desde a meseta. Crese que moit@s peregrin@s, a utilizaron sobre todo na época invernal, para evitar atoparse co dificultoso paso dos cumios nevados do Cebreiro. Este Camiño ten 7 etapas e nas centrais, Monforte é protagonista. Desde Monforte fanse os Km necesarios para obter a Compostela, razón pola cal é o lugar idóneo para comezar a ruta, é a opción escolleita.
O río Lor, que baixa cristalino desde a Serra do Courel, regálanos o seu avance encaixado no val. Cruzámolo por unha magnífica ponte medieval, para entrar a continuación en Monforte de Lemos. Estamos en plena Ribeira Sacra, arte e natureza nun territorio recoñecido no 2003 polo Consello de Europa como Itinerario de Interese.
Etapa 4: Quiroga - Monforte de Lemos (35, 2 Kms).
Quiroga-Nocedo-Carballo de Lor-Castroncelos-A Pobra do Brollón-Reigada-Monforte
Consulta toda a información da etapa
Monte Moncay, límite entre os municipios da Pobra do Brollón e Monforte de Lemos. Aquí, iniciamos un descenso cara ao val de Lemos, entre un espeso pinar. Pola Sierra Moncay cara Monforte cruzamos a canle de regadío, rede que cobre todo o val.
Tras deixar as últimas casas de Reigada dirixímonos á rúa das Cruces. Este era o antigo camiño que nada máis collelo o caminante tiña ante si a fortaleza monfortina coroada pola Torre da Homenaxe e o Mosteiro Benedictino.
Chegados á vía do tren, onde hai un transformador, cóllese á esquerda, parellos á vía férrea, e a uns 100 metros, viramos á dereita, cruzando dous pasos a nivel. Se seguimos de fronte, pola rúa Roberto Baamonde, lévanos ao centro da cidade, e se non pola rúa Real que nos conduce ao alto do monte de San Vicente formado por un magnífico conxunto histórico (Mosteiro Benedictino e Pazo Condal) e a Torre da Homenaxe que despois de moitos avatares segue maxestuosamente en pé.
Continuamos en plena comarca da Ribeira Sacra, entre mosteiros, viñedos e paisaxes cheas de forza e encanto. Chegamos á Vide e logo á Lagoa, Campos e Pacios. En época de choivas son frecuentes as inundacións ao principio desta etapa, con tramos completamente chans.
Etapa 5: Monforte - Chantada (30,9 kms).
Monforte-Moreda-O Reguengo-A Barxa-Belesar-Chantada
Consulta toda a información da etapa
Saímos de Monforte de Lemos pola ponte medieval, virando á esquerda, cara ao Campo de San Antonio. Á dereita deixamos o convento das NN.Clarisas cun importante Museo de Arte Sacro e o antigo barrio de Ramberde. Deixando á nosa esquerda a Casa Consistorial, saímos da cidade pola rúa Abeledos, unha das máis antigas extramuros, que aínda conserva parte da arquitectura popular característica coas súas casas de balcóns de madeira. Chégase á rúa do Poeta Manuel María. Desembocamos na rúa de Chantada e logo na estrada que se dirixe á Vide.
Chegamos á Vide e logo á Lagoa, Os Campos e Pacios. En época de choivas son habituais as inundacións en parte destes tramos, completamente chairos. Despoies chegamos a Moreda. O seguinte destino é A Broza xa no municipio de Pantón.
Máis información sobre as 2 etapas e os seus lugares de interese.pdf