Comeza o Festival do Viño da Ribeira Sacra

05/07/2018 O Paseo do Malecón de Monforte acolle desde o venres 6 de xullo ata o día 8 o “Festival do Viño da Ribeira Sacra". A cita organizada polo Concello de Monforte de Lemos e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra inaugurarase o día 6 ás 19.00 h. Se ben a apertura dos stands farase ás 18.30 h.

Nesta segunda edición do Festival estarán representadas 24 adegas pertencentes ás 5 subzonas da D.O. Ribeira Sacra. A oferta completarase con actividades lúdicas, culturais, gastronómicas e turísticas. O programa de mañá ábrese coa ViñoRuta do Miño “De Río e de Pedra” que sairá ás 9.30 do Parque dos Condes. Esta ViñoRuta inclúe visita á igrexa románica de San Paio de Diomondi, ruta de sendeirismo polos codos de Belesar, paseo en zodiac polo Miño e visita a unha adega, para ter o remate en Monforte, no Paseo do Malecón.

Ás 16.30 tamén do Parque dos Condes sairán dúas ViñoRutas, a do Sil “De Auga e Viño” e a de Quiroga, “Ruta do Viño e do Aceite”. A primeira inclúe ruta de sendeirismo  pola Pasarela do Mao, visita a Castro Caldelas e visita a unha adega con cata comentada e paseo entre viñedos, para rematar en Monforte, no Paseo do Malecón. Pola súa banda a ruta de Quiroga comeza con visita ás adegas de Vilachá de Salvadur e ó Mirador da Capela, visita ao Muíño de aceite de Bendilló e a unha adega, para ter o punto e final no Paseo do Malecón de Monforte.

Para participar das Viño Rutas é preciso reservar praza no correo festivalribeirasacra@gmail.com ou no teléfono +34 722 76 43 46.

Na primeira xornada do venres o Festival completarase con música en directo, co concerto ás 22.30 h. de Najla Shami e ás 00.00 h. Sons do Douro.

Non faltedes!!!

Toda a información na web do Festival do Viño