Citas culturais e musicais para os próximos días

 

28/08/2018 A música será unha das principais protagonistas dos próximos días dentro da programación cultural e de lecer do concello de Monforte. 

A axenda de actos é a seguinte:

 

Venres, 31 de agosto  

Concerto  de ROI CASAL -Son Galego, Son Cubano

Praza da Compañía ás 22:30 horas 

Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e Deputación de Lugo –Área Turismo e Cultura 

Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego, integrante da banda galega Milladoiro entre o 2000 e o 2009. É precisamente no 2009 cando inicia a súa carreira en solitario. O espectáculo que trae a Monforte Son galego, Son cubano estréase  no Gran Teatro de La Habana no 2016, trátase dun proxecto por encargo do Instituto Cubano de la Música para poñer en valor os lazos de unión entre as dúas culturas.

 

Sábado, 1 de setembro          

XIX  FESTIVAL DE HABANERAS CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

-AGRUPACIÓN CORAL SAN ANTONIO de GIJÓN

-CORAL CITE de SAN CIBRAO  -Lugo

-CORAL POLIFÓNICA do CONCELLO de MONFORTE

Actuación na Praza de España ás 20.00 horas

Organiza: Concello de Monforte de Lemos

 

Sábado, 1 de setembro          

VII  FESTIVAL DO PARADISO   cartel Festival do Paradiso

Parque dos Condes, dende as 20.00 horas

A 7ª edición do Festival do Paradiso trae a Monforte a Vieitor, Collflanders, A Cadela Asasina, DJ Maceda, Mamá Ladilla, A Compañía Do Ruido, Mad Martin e Arremecaghona Monobanda.

Organiza: Asociación Náufragos do Paradiso 

Colabora: Concello de Monforte de Lemos

 

Domingo, 2 de setembro       

XIX XORNADA EUROPEA DA CULTURA XUDEA

VISITAS GUIADAS Á ZONA DE ÁMBITO XUDEU DE MONFORTE

11:30 e 18 horas – Saídas dende a Oficina Municipal de Turismo 

Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e Red de Juderías de España / Caminos de Sefarad

 

3 ó 17 de setembro     

Exposición Fotográfica: OFICIOS E FERRAMENTAS II de PERUCHELA

Sala de exposicións da Casa da Cultura 

Organiza: Concello de Monforte de Lemos