10/5/2019 A publicación refírese ao anuncio que se facía o mes pasado de que España presentará a Ribeira Sacra como candidata ao título para 2021. No artigo aseguran ter claras as razóns de por que Ribeira Sacra merece este recoñecemento.
Como razóns nomeaban: O canón do Sil, Os miradoiros do canón, Os mosteiros, Monforte de Lemos, Portomarín e a súa augardente, A viticultura heroica e Unha contorna natural única.
A Monforte de Lemos referíanse do seguinte modo:
“É a considerada como capital da Ribeira Sacra e a súa visita é bastante máis que obrigada por miles de razóns.
Atopámonos cunha localidade que ten forte presenza dos celtas na súa historia, tendo constancia dun asentamento nos seus arredores que probablemente supuxo a orixe da cidade.
Monforte de Lemos ofrece ao viaxeiro un verdadeiro festival artístico: o Museo de Arte Sacra, o Museo do Ferrocarril, o Museo do viño da Ribeira Sacra e ata un Museo de Casas de Bonecas.
Outra xoia de Monforte é o Colexio da nosa Señora da Antiga, cunha espectacular fachada herreriana que ben lle fai valer á localidade o nome de “El Escorial de Galicia”. No seu interior, a pinacoteca garda algunha obra do Greco."
Accede aquí á información completa de Traveler