26/7/2019 O sábado, día 3 de agosto, comeza na rúa Cardenal de Monforte unha nova edición de Artelemos. A mostra de artesanía organizada polo Concello, como antesala perfecta ás Festas Patronais, contará nesta XXI edición con 29 postos. O horario da mostra será de11.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 23.00 h. entre o 3 e o 7 de agosto.
Artelemos ten á vontade de achegar a artesanía local e galega á cidadanía, ao tempo que se ofrece aos artesáns un modo de presentarse e de trasladar o seu traballo ao público, creando unha relación directa entre artesán e consumidor que contribúe a poñer en valor as pezas feitas a man.
Os diferentes stands amosarán unha ampla variedade de disciplinas artesanais: olería de Gundivós, coiro, cestaría, complementos de moda, marroquinaría, madeira e pizarra, cerámica, obxectos de decoración, xoiaría, miniaturas, artesanía de vidro, xoguetes e monicreques entre outras propostas. Artelemos ofrece unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de grande calidade.
A mostra complétase con demostracións nas que ver traballar aos artesáns en directo e obradoiros para cativos/as. Na xornada do día 4 contarase cunha Xuntanza de Palilleiras, promovida dende a Asociación de Palilleiras da Ribeira Sacra, coa participación de Palilleiras de Sarria e Quiroga.
Programación 21ª Mostra Artelemos 2019
Sábado 3:
11:00 h.- Apertura de Stands de venda
11:30 H.-Inauguración Oficial
12:00 a 14:00h.- Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López González.
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Olería para nenos/as. Artesá: Otilia Arias García
23:00 h.- Peche de Stands de venda
Domingo 4:
11:00 h.- Apertura de Stands de venda
11:00 a 14:00 h.- Xuntanza de Palilleiras e exposición de encaixes na rúa Cardenal
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
23:00 h.- Peche de Stands de venda
Luns 5:
11:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de barro para nenos/as. Artesá: Amparo Scrich
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de barro para nenos/as. Artesá: Amparo Scrich
23:00 h.- Peche de Stands de venda
Martes 6:
11:00 h.- Apertura de Stands de venda
11:30 a 14:00h.- Obradoiro de cestaría para nenos/as. Artesá: Paqui Abeledo
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
18:30 a 21:00 h.- Demostración dunha peza de lá fieltrada. Artesá: Pilar Gonda
23:00 h.- Peche de Stands de venda
Mércores 7:
11:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elias
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 21:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elias
22:00 h.- Peche 21ª Mostra Artelemos 2019
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, convida a veciños e visitantes a participar desta proposta de lecer que ten como obxectivo tamén, fomentar a interxeracionalidade, “queremos que Artelemos sexa unha Feira actual, interxeracional, e intentamos acercar á poboación máis nova os valores do traballo feito a man e dunha identidade que queremos sumar como promoción turística do noso rural e da nosa Ribeira Sacra.”
Toda a información de Artelemos na web municipal.