Festas Patronais de Monforte, días 11 e 12

10/8/2019 Do 11 ao 16 de agosto, Monforte celebra as súas festas patronais, na honra á Virxe de Monserrat. As Festas Patronais da cidade do Cabe foron desde sempre un referente no sur de Lugo pola calidade dos concertos, os escenarios nos que se desenvolven as actuacións e o feito de que tódolos espectáculos son de balde. Durante seis días sucédense a música, a cultura, a maxia, a tradición, os fogos artificiais,… e Monforte convírtese no epicentro do lecer na Ribeira Sacra.

Como é habitual os concertos terán dous escenarios principais, a explanada da Compañía, comandada polo monumental Colexio dos Escolapios e a Praza de España, antesala do casco antigo da cidade. 

Os concertos da Compañía terán lugar a partir das 00.30, agás o do SR Aliaga o día 16, que terá lugar ás 2.30; nesta xornada contarase tamén coa orquestra Panorama. As propostas musiciais, con entrada de balde, están pensadas para satisfacer a tódolos públicos e estilos, con artistas de renome nacional e internacional. O grupo Dvicio abrirá os concertos na xornada do día 12. O día 13 actuará Carlos Baute, Chenoa farao o día 14, Blas Cantó o día 15 e pecharanse os concertos o día 16 co grupo SR Aliaga.

Mentres que na Praza de España, os concertos serán ás 23.00 do día 11 ao 14. O domingo actuará Orquestra Garufa Blue Devils Big Band, o luns Os Parentes, o martes a Banda de Música do Conservatorio Mestre Ibáñez, o mércores a Banda de Música de Chantada. O xoves a Praza de España contará coa Mostra de Danza e Música tradicional a partir das 20.30 e o día 16 a partir das 20.00 terá lugar o circo acrobático aéreo de Duelirium.

As Festas deste ano terán como pregoeira a Lucía Pérez. A cantante do Incio fixo moitas das súas primeiras actuacións, cando era aínda nena, na cidade do Cabe, converténdose nunha moi boa amiga de Monforte.

A continuación a programación completa das Festas Patronais de Monforte de Lemos para os días 11 e 12 de agosto. 

Domingo, día 11

20:30 h PREGÓN DAS FESTAS PATRONAIS  Lectura do pregón a cargo da cantante e artista do Incio e boa amiga da cidade de Monforte; Lucía Pérez, diante da Casa do Concello

21:00h LANZAMENTO DO FOGUETE que anuncia o inicio das Festas. Campo de San Antonio. 

21:00 h INAUGURACIÓN DA ILUMINACIÓN ARTÍSTICA

23:00 h CONCERTO GARUFA BLUE DEVILS BIG BAND. Na praza de España actuará a Orquestra-Big Band Garufa Blue Devils Big Band, cun repertorio de música dos grandes clásicos do swing sen perder de vista a música afrocubana da época, do cine e o cabaré. 

Luns, día 12

12:00 h ALBORADAS DO GRUPO DE GAITAS DO CONCELLO Saída da Praza de España para levar música ás diferentes rúas da cidade. Ás 13.00 horas na Praza de España xuntaranse cos cabezudos.

13:00 h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: SINCRONACIDAS Na praza de España, Sincronacidas representará o espectáculo OHLIMPIADAS.

20:00 h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: SINCRONACIDAS Sincronacidas na praza de España ofrecerá un espectáculo de danza, abrobacias e humor. 

20:30 h PASARRÚAS DO GRUPO DE GAITAS OS XOGRARES DE LEMOS desde a Estación  ao centro da cidade.

23:00 h VERBENA NA COMPAÑÍA COA ORQUESTRA MARBELLA.

23:00 h CONCERTO DO GRUPO, OS PARENTES, NA PRAZA DE ESPAÑA

00:30h CONCERTO NA COMPAÑÍA DE DVICIO.

02:00 h VERBENA NA COMPAÑÍA COA ORQUESTRA MARBELLA

O resto da programación nesta mesma páxina, na noticia da presentación do Programa das Festas e no Facebook do Concello de Monforte de Lemos