Festas Patronais de Monforte, días 15 e 16

10/8/2019 O día 15 de agosto celebramos o día grande das Festas Patronais, o día da Patrona, a Virxe de Montserrat. As autoridades acompañadas da Banda de Gaitas e do Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte diríxense da Praza de San Antonio á igrexa de San Vicente do Pino para celebrar a misa, cantada pola coral municipal, e ofrenda floral á Patrona da cidade.

San Vicente do Pino, un dos emblemas da cidade, convírtese neste día en protagonista e, ademais de centrar os actos oficiais da mañá, a media noite acolle os tradicionais fogos artificiais. A noite do día grande, Monforte énchese de luz e festa, que atrae cada ano a numerosos visitantes dispostos a ver o espectáculo que ilumina o Mosteiro de San Vicente e a súa Torre da Homenaxe.

E se imaxe da noite do 15 está feita para quedar grabada na memoria, o mesmo acontece coa da noite do 16 en que se celebran os fogos artificiais de auga. Ás 00.00 da noite, o Cabe, a carón da Ponte Vella, acolle esta cita que congrega a centos de persoas para gozar das mesturas que a luz fai coa auga.

A continuación a programación completa das Festas Patronais de Monforte de Lemos para os días 13 e 14 de agosto. 

Xoves, día 15

10.00h O lanzamento de 21 bombas de palenque 

10:00h DÍA DA PATRONA Reunión das autoridades e persoas interesadas para subir a San Vicente

11:00 h MISA E OFRENDA FLORAL Á VIRXE DE MONTSERRAT

11:00 h DÍA DO GAITIERO CON ALBORADAS desde a Praza de España polas rúas da cidade. Participantes:ÉRBEDO, REDEGAITA, O CEGO DA VENEIRA, OS XOGRARESMERENZAO, LEMAVOS

12:30h SAÍDA Á RÚA DE XIGANTES E CABEZUDOS

13:00 h CONCENTRACIÓN DOS GRUPOS TRADICIONAIS NO CENTRO DA CIDADE

20:15 h PASARRÚAS dos grupos participantes na Mostra de Danza e Música Tradicional dende o campo da Compañía ata a praza de España. 

20:30 h MOSTRA DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAL na praza de España coa actuación das formacións participantes.

23:00h VERBENA NA COMPAÑÍA COA ORQUESTRA LA OCA.

23:30h BARCAS ENGALANADAS NO MALECÓN

00:00h FOGOS ARTIFICIAIS DE AIRE DESDE SAN VICENTE

00:30h CONCERTO DE BLAS CANTÓ NA COMPAÑÍA

02:00h VERBENA COA ORQUESTRA LA OCA 

Venres, 16 de agosto

12:00 h PASARRÚAS DO GRUPO DE GAITAS DO CONCELLO

12:00 h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: PAKOLAS. Espectáculo de animación musical para o público infantil, na rúa Cardenal.

13:00 h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: DUELIRIUM. Circo acrobático aéreo na praza de España.

19:00 h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: PAKOLAS Espectáculo de animación musical para o público infantil, na rúa Cardenal.

20:00 h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: DUELIRIUM. Circo acrobático aéreo na praza de España.

23:00 h VERBENA NA COMPAÑÍA COA ORQUESTRA PANORAMA.

00:00 h FOGOS ARTIFICIAIS DE AUGANO PASEO DO MALECÓN 

00:30 h VERBENA coa orquestra PANORAMA 

02:30 h CONCERTO DO GRUPO SR. ALIAGA NA COMPAÑÍA

O resto da programación nesta mesma páxina, na noticia da presentación do Programa das Festas e no Facebook do Concello de Monforte de Lemos.