Monforte Museos 

1/7/2020 Monforte de Lemos é unha cidade cada vez máis visitada, por ser o punto central desde o que moverse cara o resto da Ribeira Sacra e por acoller recursos monumentais de primeira orde; así como espazos naturais e servizos para goce de veciños e visitantes. No apartado de espazos museísticos, a cidade e o concello contan cunha ampla oferta de recursos de todo tipo.

Na propia cidade destaca o Museo de arte sacro das Clarisas, ubicado no convento que foi fundado no século XVII polos VII Condes de Lemos, que doaron a súa colección particular composta por obras españolas e italianas. A colección de arte sacro está considerada como unha das máis importantes de España.

Visitas libres, previa reserva. Contacto: 606 548 044. Tarifa: 5€.

Unha tradición histórica tan vinculada ao ferrocarril como a de Monforte converte a cidade na sede do Museo do ferrocarril de Galicia. A historia de Monforte estará para sempre vinculada ao tren. Desde que en 1883, o rei Afonso XII inaugura a liña Madrid - A Coruña, o tren converteu a cidade nun importante nó ferroviario. Neste museo pódese facer unha viaxe ao pasado visitando as locomotoras e vagóns de época.

Pechado ata novo aviso.

Mikado Museo Ferrocarril

Centro do Viño da Ribeira Sacra conta cunha magnífica exposición que achega aos visitantes os segredos do viño e da Ribeira Sacra, sala de catas, tapería e unha espléndida tenda na que pode atopar os viños que se colleitan nesta D.O.

Martes a Domingo: 11:30h, 12:30h, 17:00h, 18:30h. Contacto: 982 105 303. Tarifa: 2,50 €.

Nun dos edificios emblemáticos da cidade, o colexio Nosa Señora da Antiga ou os Escolapios cóntase cunha pinacoteca con obras do Greco: a Aparición da Virxe co Neno a San Lourenzo, e Frei León meditando sobre a morte. Tamén cinco táboas de Andrea del Sarto e obras de Francisco Pacheco. Visitas

O Pazo de Tor é visita obrigada para coñecer como era a vida nos pazos, xa que conserva todo o seu mobiliario e obxectos. De feito a colección de mobles do Pazo de Tor é casi única en Europa. 

Martes a Domingo: 11:00h, 12:30h, 16:30h, 18:00h. Previa reserva. Contacto: 982 165 534 / pazodetor@museolugo.org Tarifa: Gratuita.

Outro esceario histórico é o Pazo Molinos de Antero, que era centro de recadación das rendas do tabaco e outros impostos para a Corte. O edificio é orixinal e distínguese doutros pazos galegos por unha característica arquitectura afrancesada e unha decoración pictórica italianizante dos seus cuartos. Consérvanse pinturas do artista monfortino Castinande.

Pechado ata novo aviso.

Os espazos museísticos complétanse co Museo Casas de Muñecas, museo de artesanía en miniatura Visitas: Martes a Sábado: 11:00h-18.00h. Domingos: 11:00h-14:00h. Previa reserva. Contacto: 654 014 397 / 671 951 274. Tarifa: 5€.

E co Museo Lodeiro, adicado ás esculturas en madeira do escultor Darío Lodeiro. Pechado ata novo aviso.

audiovisual "Monforte Museos" ao que se pode acceder desde a canle de youtube do concello achéganos a estes recursos museísticos.

Viaxamos en 3 minutos polos nosos museos? Audiovisual Monforte Museos

Coñece más dos Museos de Monforte