8/02/2021 En agosto de 2019 os bonecos viaxeiros de miniontour.es visitaron Monforte e quixemos lembrar a súa viaxe para ver Monforte desde os seus ollos.
Así comezan:
“Hoxe ímonos ao corazón da Ribeira Sacra, unha zona preciosa de Galicia pouco coñecida, que empeza a despegar ao turismo para mostrar os seus encantos ao mundo. Así que prepárate, porque hoxe ímosche a contar que ver en Monforte de Lemos, a capital da Ribeira Sacra. Podes ver Monforte de Lemos nun día desprazándote facilmente a pé. Iso si, se queres gozar da capital da Ribeira Sacra recomendámosche que quedes varios días. É un centro de operacións perfecto para realizar varios roteiros nos seus impresionantes arredores, como os Canóns do Sil. "
En Monforte pasearon polo Cardeal para despois achegarse á Oficina de Turismo e ao Centro do Viño de Ribeira Sacra. O conxunto monumental de San Vicente do Pino preséntano como impescindible e apostan por trasladarse ao medievo desde o Barrio Xudeu. Achéganse tamén á Ponte Vella, ao Convento e Museo das Clarisas, pousan coa estatua de Manuel María ou xunto á casa máis estreita de España e como non, aterran nos Escolapios.
Sen esquecerse no seu paseo do Pazo de Tor ou o Museo do Ferrocarril de Galicia. Accede aquí ao artigo de miniontour.es Que ver en Monforte de Lemos, capital da Ribeira Sacra.