24/07/2021 A Oficina de Turismo de Monforte, ubicada no que foi a casa consitorial desde os anos 30, comparte espazo co Centro do Viño da Ribeira Sacra. Na Oficina de Turismo o visitante pode obter a información que necesite para achegarse ao concello de Monforte e toda a contorna da Ribeira Sacra. O servizo de atención ó público desenvólvese en galego, castelán e inglés. A Oficina de Turismo ofrece servizo todos os días desde as 10:00 da mañá ás 21:00 da noite de modo ininterrumpido.
É o punto de acceso ao Centro do Viño da Ribeira Sacra, un museo interpretativo de todo o que o viño supón para este territorio de viticultura heroica. As visitas guiadas ao Centro do Viño realízanse todos os días ás 12:30 e ás 18:00. Aquí tamén se conta con viñoteca e tapería, ademais da sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
A Torre da Homenaxe, situada na zona monumental de San Vicente pode visitarse todos os días da semana en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30.
A empresa adxudicataria destes servizos, a UTE “María Isabel Álvarez Sangil, Ruth Díaz Amor, Vicente Parra Vizcaino e Albergue Santiago 15, S.L, Unión Temporal de Empresas Ley 18/82, Numero 1”, tamén xestiona a Oficina de Atención ao Peregrino, que próximamente abrirá as súas portas na Praza Doctor Goyanes.