02/08/2021 “Monforte de Lemos, Vía Sacra” é un documental en formato cine, co que o concello de Monforte quere amosar o potencial patrimonial, cultural, gastronómico, etnográfico e artístico de Monforte de Lemos e da Ribeira Sacra.
O vídeo documental tamén pon en valor a actividade económica, a industria e o tecido empresarial de Monforte de Lemos, recollendo unha escolma de 22 proxectos empresariais monfortinos, que sirven de mostra da actividade económica do Concello.
Con todo, “Monforte de Lemos, Vía Sacra” convértese nun novo elemento de apoio e unha nova ferramenta de difusión e promoción dos principais sinais de identidade do concello. Amosa todo o potencial da cidade e resalta o esforzo persoal e a profesionalidade do empresariado local.