30/12/2021 Monforte de Lemos atrae cada vez máis visitantes, por ser o punto central desde o que moverse cara o resto da Ribeira Sacra e por acoller recursos monumentais de primeira orde. Monforte ao lonxe é fácilmente recoñecible polo perfil que lle outorga o monte de San Vicente co seu Castelo no cumio. A Torre da Homenaxe con máis de 30 metros de altura e o Mosteiro Benedictino son sinais de identidade da cidade.
Neste enclave celébrase o día 15 de agosto, o Día da Patroa da cidade, a Virxe de Montserrat con misa e ofrenda floral á Patroa, nesta xornada que é festivo local.
Outro dos escenarios principais das festas é o Campo da Compañía onde tódalas noites se celebra un concerto de balde con artistas de primeiro nivel. A Compañía está presidida polo Colexio Nosa Señora da Antiga, o colexio dos Escolapios, apodado por moitos o Escorial galego. O edificio do século XVI destaca pola súa presenza, no interior acolle a igrexa con retablo de Francisco de Moure, a escaleira monumental en tres tramos sen punto de apoio central e a pinacoteca con obras de El Greco e Andrea del Sarto.
O audiovisual Monforte Monumental ao que se pode acceder desde a canle de youtube do concello achéganos a estes dous importantes monumentos, e lévanos tamén á Ponte Vella, ao Convento de Santa Clara, damos un paseo polo barrio xudeu entre murallas, pasando pola igrexa da Régoa,….
Viaxamos en 3 minutos polos nosos monumentos?
Audiovisual Monforte Monumental
Coñece máis das referencias monumentais de Monforte