27/07/2022 O venres, día 5 de agosto, comeza na rúa Cardenal de Monforte unha nova edición de Artelemos. A mostra de artesanía organizada polo Concello, como antesala perfecta ás Festas Patronais, contará nesta XXII edición con 23 postos. O horario da mostra será de 10.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 22.00 h. entre o 5 e o 9 de agosto.
Artelemos ten á vontade de achegar a artesanía local e galega á cidadanía, ao tempo que se ofrece aos artesáns un modo de presentarse e de trasladar o seu traballo ao público, creando unha relación directa entre artesán e consumidor que contribúe a poñer en valor as pezas feitas a man.
Os diferentes stands amosarán unha ampla variedade de disciplinas artesanais: olería de Gundivós, coiro, cestaría, complementos de moda, marroquinaría, madeira e pizarra, cerámica, obxectos de decoración, xoiaría, miniaturas, artesanía de vidro, xoguetes e monicreques entre outras propostas. Artelemos ofrece unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de grande calidade.
A mostra complétase con demostracións nas que ver traballar aos artesáns en directo e obradoiros para cativos/as. A inauguración de Artelemos será o día 5 de agosto ás 11:30 h da mañá coa actuación do Grupo Municipal de Gaitas do Concello
Programación 22ª Mostra Artelemos 2022
Venres 5 de agosto:
10:00 h.- Apertura de Stands de venda
11.30 h.- Inauguración oficial da 22ª Mostra Artelemos. Actuación Grupo Municipal de Gaitas.
12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Cestería para nenos e nenas. Artesá: Luisa Martínez
20:30 a 22:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González
Sábado 6 de agosto:
10:00 h.-Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas. Artesá: Amparo Scrich
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de barro para nenos e nenas. Artesá: Amparo Scrich
Domingo 7 de agosto:
10:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Demostración de estampación “Cianotipia”. Artesá: Pilar Gonda
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Cianotipia para nenos e nenas. Artesá: Pilar Gonda
Luns 8 de agosto:
10:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Demostración Obradoiro de Encaixe de palillos. Artesá: Sesé Vila
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Demostración Obradoiro de Encaixe de palillos. Artesá: Sesé Vila
Martes 9 de agosto:
10:00 h.- Apertura de Stands de venda
12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López
18:00 h.- Apertura de Stands de venda
19:00 a 21:00 h.- Demostración Olería tradicional da Ribeira Sacra. Artesán: Tomás López
19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Olería para nenos/as. Artesá: Otilia Arias