Festas Patronais Monforte, días 10, 11 e 12

6/08/2022 Do 10 ao 16 de agosto, Monforte celebra as súas Festas Patronais, na honra á Virxe de Monserrat. As Festas Patronais da cidade do Cabe foron desde sempre un referente no sur de Lugo pola calidade dos concertos, os escenarios nos que se desenvolven as actuacións e o feito de que tódolos espectáculos son de balde. Durante seis días sucédense a música, a cultura, a maxia, a tradición, os fogos artificiais,… e Monforte convírtese no epicentro do lecer na Ribeira Sacra.

Como é habitual os concertos terán dous escenarios principais, a explanada da Compañía, comandada polo monumental Colexio dos Escolapios e a Praza de España, antesala do casco antigo da cidade. As Festas deste ano terán como pregoeira á exdeputada e escritora monfortina, Margarita Rodríguez Otero. O pregón será o día 10 a partir das 20.30 diante da casa consistorial.

A continuación a programación completa das Festas Patronais de Monforte de Lemos para os días 10, 11 e 12 de agosto. 

Mércores, día 10 e agosto

20:30 h PREGÓN DAS FESTAS PATRONAIS  Lectura do pregón a cargo de Margarita Rodríguez Otero.

21:00h LANZAMENTO DO FOGUETE que anuncia o inicio das Festas. Campo de San Antonio. 

21:00 h INAUGURACIÓN DA ILUMINACIÓN ARTÍSTICA

22:30 h CONCERTO ROCÍO CAAMAÑO na praza de España, mesturando a Costa da Morte coa Ribeira Sacra. 

Xoves, día 11 de agosto

13:00 h VIII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: LUIGI LUDUS. Na praza de España cantando baixo a maxia.

20:00 h VIII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: LUIGI LUDUS. Na praza de España.

20:30 GRUPO DE BATUCADA CREATIVA, amenización desde A Pinguela ata o centro da cidade.

22:30 h CONCERTO DA FADISTA MARÍA DO CEO, NA PRAZA DE ESPAÑA

22:30 h VERBENA NA COMPAÑÍA COA ORQUESTRA FINISTERRE.

00:00h CONCERTO NA COMPAÑÍA DA ORQUESTRA PANORAMA.

03:00 h VERBENA NA COMPAÑÍA COA ORQUESTRA FINISTERRE

Venres, día 12 de agosto

13:00 h VIII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: MAICLOWN. Na praza de España acrobacias aéreas e clown.

20:00 h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: MAICLOWN. Na praza de España.

20:30 GRUPO OS XOGRARES DE LEMOS, amenización desde o barrio Val de Lemos ata o centro da cidade.

22:30 CONCERTO BANDA DE MÚSICA DE VILALBA NA PRAZA DE ESPAÑA

23:00 h VERBENA NA COMPAÑÍA COA ORQUESTRA LOS SATÉLITES.

00:00h CONCERTO NA COMPAÑÍA DE LA OREJA DE VAN GOGH.

01300 h VERBENA NA COMPAÑÍA COA ORQUESTRA LOS SATÉLITES.

O resto da programación nesta mesma páxina, na noticia da presentación do Programa das Festas e no Facebook do Concello de Monforte de Lemos.