6/8/2022 O día 15 de agosto celebramos o día grande das Festas Patronais, o día da Patroa, a Virxe de Montserrat. As autoridades acompañadas da Banda de Gaitas e do Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte diríxense da Praza de San Antonio á igrexa de San Vicente do Pino para celebrar a misa, cantada pola coral municipal, e ofrenda floral á Patrona da cidade.
San Vicente do Pino, un dos emblemas da cidade, convértese neste día en protagonista e, ademais de centrar os actos oficiais da mañá, a media noite acolle os tradicionais fogos artificiais. A noite do día grande, Monforte énchese de luz e festa, que atrae cada ano a numerosos visitantes dispostos a ver o espectáculo que ilumina o Mosteiro de San Vicente e a súa Torre da Homenaxe.
E se a imaxe da noite do 15 está feita para quedar grabada na memoria, o mesmo acontece coa da noite do 16 en que se celebran os fogos artificiais de auga. Ás 00.00 da noite, o Cabe, a carón da Ponte Vella, acolle esta cita que congrega a centos de persoas para gozar das mesturas que a luz fai coa auga.
A continuación a programación completa das Festas Patronais de Monforte de Lemos para os días 15 e 16 de agosto.
Luns, día 15
10.00h O lanzamento de 21 bombas de palenque
10:00h DÍA DA PATRONA Reunión das autoridades e persoas interesadas para subir a San Vicente
11:00 h MISA E OFRENDA FLORAL Á VIRXE DE MONTSERRAT
11:00h desde a Praza de España polas rúas da cidade. Participantes: ÉRBEDO, REDEGAITA, O CEGO DA VENEIRA, OS XOGRARES, MERENZAO, LEMAVOS
12:30h SAÍDA Á RÚA DE XIGANTES E CABEZUDOS
13:00h CONCENTRACIÓN DOS GRUPOS TRADICIONAIS NO CENTRO DA CIDADE NO DÍA DO GAITEIRO
20:15h PASARRÚAS dos grupos participantes na Mostra de Danza e Música Tradicional dende o campo da Compañía ata a praza de España.
20:30h MOSTRA DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAL na praza de España coa actuación das formacións participantes.
23:00h VERBENA NA COMPAÑÍA COA ORQUESTRA COSTA DORADA.
23:30h BARCAS ENGALANADAS NO MALECÓN
00:00h FOGOS ARTIFICIAIS DE AIRE DESDE SAN VICENTE
00:30h CONCERTO DE ANA MENA NA COMPAÑÍA
02:00h VERBENA COA ORQUESTRA COSTA DORADA
Martes, 16 de agosto
13:00h VIII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: AVELA CIRCO. Clown e acrobacias na Praza de España.
13:00h GRUPO DE BATUCADA BATURRUCA
19:00h VIII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: AVELA CIRCO na rúa Cardeal
20:00h VIII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: SU.MA. Circo acrobático aéreo na praza de España.
20:30h GRUPO DE BATUCADA BATURRUCA
21:30h BAILE CONCERTO DA BANDA DE ACORDEÓNS O FOLIÓN
23:00h VERBENA NA COMPAÑÍA COA ORQUESTRA ACORDES.
00:00h FOGOS ARTIFICIAIS DE AUGA NO PASEO DO MALECÓN
00:30h CONCERTO NA COMPAÑÍA DE MAGO DE OZ
02:30h VERBENA COA ORQUESTRA ACORDES
O resto da programación nesta mesma páxina, na noticia da presentación do Programa das Festas e no Facebook do Concello de Monforte de Lemos.