19/12/2022 Monforte vístese de Nadal para despedir o 2022 e dar a benvida ao 2023. Os monumentos e principais espazos da cidade gozan de ambientación para levar o espírito do Nadal a toda a cidade, con máis de 64 rúas iluminadas e máis de 900.000 luces led.
Na sala de exposicións da Casa da Cultura cóntase cun Belén a cargo de J. Antonio Davila, que permanerá en exposición ata o 8 de xaneiro. E a Asociación Albores decora de Nadal o vestíbulo da Casa do Concello.
Durante 3 fins de semana a Praza de Abastos acolle o Mercado de Nadal-Circuítos de Artesanía e Música Galega. Os mercados de Nadal rematarán na fin de semana do 23 e 24 de decembro de 2022, contan tamén con actividades culturais e musicais de entretemento co obxectivo de presentar unha oferta cultural, musical e gastronómica nun ambiente navideño. Na xornada do 24 O Apalpador visitará pola mañá o mercado da praza e as rúas da cidade.
O tradicional Festival Nadal 2022 do Conservatorio Municipal celebrarase o 22 decembro ás 20:00 h no Edificio Multiusos, despois de que o 15 tivera lugar a 22ª Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino
O Concerto de Corais Nadal 2022 será o 23 decembro ás 20:00 h na Igrexa Nosa Señora da Antiga coa actuación da Coral Aurea Canta, de Ourense, e a Coral Polifónica Concello de Monforte.
Contarase con teatro e espectáculos para toda a familia. Como novidade, o Concello inclúe no programa deste ano un concerto para bebés titulado “Son no berce”, de A Cova das Letras, que se celebrará o 27 decembro, con dúas sesións, ás 17:00 e 17:30 h, no Edificio Multiusos e para o que será necesaria inscrición previa.
A casa da cultura será o escenario no que actúen o 26 de decembro a Banda de Música de Chantada, ás 20:00 h e o 28 ás 20.00 Camerata Arven e o Ballet de Galicia, con Diego Landín del Rio e Erick Pegueros Rodríguez, organizado pola Sociedade Filarmónica en colaboración co Concello de Monforte. A casa da cultura Lois Pereiro acolle o 4 de xaneiro “Filipa cos contos” con Fran Campos, ás 18:00 h e ás 20.00 un monólogo con Tito Rober.
O xoves, 5 de xaneiro, os Reis Magos de Oriente chegarán á estación de ferrocarril de Monforte sobre as 17:30 horas. O desfile de Carrozas Reais e da súa comitiva comezará ás 18:30 horas dende a Praza da Estación ata chegar ó Concello, á praza Campo de San Antonio, onde lerán o seu discurso e terán recepción oficial dos nenos e nenas que se acheguen