20/03/2023 A fin de semana do 25 e 26 de marzo de 2023, a zona dos mercados da Praza de Abastos de Monforte acolle un novo Mercado para a Feira Medieval. A cita terá horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 nas dúas xornadas.
Contarase con 16 stands nos que haberá traxes medievais feitos a man para adultos e nenos, bisutería e orfebrería como complementos para estes traxes, cosmética e remedios naturais, peluquería e maquillaxe, florístería,…
Este ano tamén participarán pastelerías e panaderías locais cunha exposición de doces, pasteis, biscoitos e tartas inspirados no Medievo e celebrarase o concurso “A polo mellor doce…” onde os visitantes podrán votar para elixir o gañador do mellor doce de entre os expostos.
O sábado día 25 organizarase o desfile de Traxes Medievais e Complementos que terá lugar ás 18:30h. dentro do recinto expositivo do Mercado. O domingo ofertaranse os Talleres Infantís para os máis pequenos, ás 12:30 taller de animación e ás 17:30 O Carballo con Botas. Os talleres son gratuítos e admítese un máximo de 20 nenos en cada un deles.
Borja Luna convídanos á XIX Feira Medieval de Monforte
A Feira Medieval de Monforte camiña cara conseguir coa XX edición, a Declaración de Feira de Interese Turístico Galego. Para promocionar a cita deste ano o vídeo de invitación á Feira protagonízao un rei que afouta ó seu pobo a unirse a unha das festividades máis importante que se celebra en Monforte de Lemos.
O actor que dá vida ó rei é Borja Luna, un dos actores máis importantes do panorama español que destacou polo seu papel na serie de Netflix (Las chicas del Cable) , pola súa participación en filmes tan importantes como Animales sin Collar ou Salvajes. A rodaxe tivo lugar no interior do emblemático Colexio dos Escolapios de Monforte.