Os días 8 e 9 de abril celébrase a XIX Feira Medieval de Monforte

31/3/2023 A fin de semana de Semana Santa, os días 8 e 9 de abril, Monforte de Lemos vístese de Medievo e rememora unha das épocas de maior esplendor da cidade da que dá mostra o Castelo de San Vicente coa súa Torre da Homenaxe.

A Feira Medieval de Monforte é cita indispensable para gozar da Semana Santa na Ribeira Sacra. Os postos de artesanía e gastronomía decoran as rúas e prazas, sucedéndose os espectáculos de cetraría, malabares con lume, tiro con arco, actuacións musicais, torneos, hípica… Toda a cidade convértese nun decorado de época, destacando como escearios principais a Praza de España onde se instala o Campamento Medieval, o adro da Régoa e as rúas da zona vella cos seus postos e os balcóns decorados ou a contorna dos Escolapios onde se desenvolven as Xustas Medievais.

Todo convida a facer unha viaxe ao pasado e fai de Monforte unha cidade medieval digna de visitar e gozar. O programa do actos é o seguinte:

  • 10:00 a 21:00h (días 8 e 9) MERCADO MEDIEVAL, postos e paradas medievais –rúas e praza de Abastos.
  • ACTUACIÓNS DE RÚA (días 8 e 9)
  • CAMPAMENTO MEDIEVAL (días 8 e 9) na Praza de España 10:30 a 14:00 e de 16:15 a 20:30h: tendas e pavillóns medievais, exposición de armeiros con armas de diferentes estilos, cascos, panoplias militares, indumentaria civil e utensilios medievais, custodia do Campamento e Roldas de Patrulla pola feira, realización de levas entre as xentes para a súa instrución militar.
  • OBRADOIROS DEMOSTRATIVOS E PARTICIPATIVOS MEDIEVAIS (días 8 e 9) 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:00h. (Fabricación de Cota de Malla /Labores téxtiles, confección de indumentaria histórica / Scriptorium –escritura e técnicas de ilustración sobre pergamiño / Exhibición de oficios artesanais –Forxa de armas e utensilios, talla de madeira)
  • ADESTRAMENTO MILITAR /PRÁCTICAS DE ESGRIMA /MURO DE ESCUDOS (días 8 e 9) 19:00 a 20:00h
  • EXPOSICIÓN, EXHIBICIÓN E ESPECTÁCULO DE AVES DE RAPIÑA –CETRARÍA (días 8 e 9) coa  agrupación “Falcóns Galicia”. 11:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:30h / Praza de San Antonio. Con espectáculos de voos 13:00 e 17:00
  • CAMPAMENTO INFANTIL MEDIEVAL (días 8 e 9) na rúa Santa Clara -praza das Nais Clarisas.  11:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:30h. Con xogos e atraccións infantís: torneo medieval, péndulo, come bolas, tiro con bésta, zancos, noria, barco, carrusel e baqueta medieval....
  • PRÁCTICAS DE TIRO CON ARCO (días 8 e 9) no adro da Régoa, co club de tiro con arco Arco Lemos 11:30 a 14:30 e de 17:00h a 20:30h.
  • 12:00h (día 8) na praza España o grupo Circocido informará do que acontecerá durante esta fin de semana. A continuación farase o SAÚDA do Alcalde que rematará cunha salva de artillaría cunha réplica dunha bombarda do século XIV.
  • 13:30h (día 8) Comida Medieval no Pazo dos Condes –Parador Nacional Monforte de Lemos (días 8) Reserva con antelación. (Información e reservas 982 418 484 monforte@parador.es).
  • 16:30h (día 8) Desfile de cabaleiros, escudeiros e soldados do GRAN TORNEO MEDIEVAL e do grupo de música medieval Turdión polas rúas e prazas da Feira. 
  • 13.30 (día 9) Desfile de cabaleiros, escudeiros e soldados do GRAN TORNEO MEDIEVAL e do grupo de música medieval Turdión polas rúas e prazas da Feira. 
  • 17.00h (día 9) Concentración na Praza España dos participantes no X Concurso de Traxes Medievais e valoración do xurado no estrado da Feira co Nomeamento de Donas e Cabaleiros das Mesnadas do Cabe pola moi e Leal e Nobre Orde dos Cabaleiros do Camiño.
  • 18:00h (días 8 e 9) VII XUSTAS MEDIEVAIS, Os cabaleiros, escudeiros e soldados de Hípica Celta realizarán un -GRAN TORNEO MEDIEVAL no campo de terra do Colexio PP. Escolapios.
  • 18:00h (día 9) Na Praza de España a Asociación de Recreación Histórica “Caballeros de Ulver” realizará unha exhibición de indumentaria civil e militar medieval, así como unha mostra de armas.
  • 19:00 (día 9) Na Praza de España, entrega de premios do X concurso de traxes medievais, do VII concurso de decoración de balcóns e do VIII concurso de decoración de establecementos
  • 20:00 (día 8 ) e ás 20:30 (día 9) Desfile do GRAN DRAGÓN xunto co grupo Turdión e Grimorium polas rúas da feira dende a praza de España.
  • 20:30h (día 8) e ás 20:00 (día 9) Espectáculo As Lendas polas rúas da Feira. Que pasaría se personaxes dos mitos e lendas entran no noso mundo? Actividade interactiva.
  • 21:00h (día 8) Subida dende a praza de España ata o Parador a ritmo de tambores co grupo de música medieval Grimorium, xunto coa batucada Tabaleiros.
  • 21:30h (día 8) Na praza Luis de Góngora FIRE PERFORMANCE, homenaxe ao sacro lume e todas as tradición ancestrais, un show espiritual ancestral e contemporáneo.
  • 22:15h (día 8) Praza Luis de Góngora soltaranse FAROLIÑOS que encherán de luz o ceo de Monforte nesta noite de volta ao medievo.
  • 21:00 (día 9) Espectáculo NA ESCURIDADE na Praza de San Antonio. Os espíritos percorren as rúas, hai que facer o rito para purificar as almas.

MENÚS MEDIEVAIS en diferentes establecementos da cidade –Asociación de Hostalería de Monforte de Lemos.

Exposición: Monforte Medieval-Torre Homenaxe. Mañá: 10:00h–14:00h/Tarde: 16:30–20:30

Puntos de Información: Oficina Municipal de Turismo (rúa Comercio 6) e Pavillón da Feira Medieval (Praza de España).

O concello agradece a colaboración coa organización da Feira Medieval da Asociación de Artesáns de Monforte e invita aos establecementos da cidade tanto do comercio como de hostelería a decorar os seus establecementos con motivos medievais para contribuir na difusión e promoción da Feira Medieval”

Accede aquí ao vídeo desta edición.