Festas Patronais de Monforte de Lemos, días 15 e 16 de agosto

8/8/2023 O día 15 de agosto celebramos o día grande das Festas Patronais, o día da Patroa, a Virxe de Montserrat. As autoridades acompañadas da Banda de Gaitas e do Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte diríxense da Praza de San Antonio á igrexa da Régoa para celebrar a misa, cantada pola coral municipal, e ofrenda floral á Patroa da cidade.

San Vicente do Pino, un dos emblemas da cidade, convértese en protagonista a media noite acollendo os tradicionais fogos artificiais. A noite do día grande, Monforte énchese de luz e festa, que atrae cada ano a numerosos visitantes dispostos a ver o espectáculo que ilumina o Mosteiro de San Vicente e a súa Torre da Homenaxe.

E se a imaxe da noite do 15 está feita para quedar gravada na memoria, o mesmo acontece coa da noite do 16 en que se celebran os fogos artificiais de auga. Ás 00.00 da noite, o Cabe, a carón da Ponte Vella, acolle esta cita que congrega a centos de persoas para gozar das mesturas que a luz fai coa auga.

A continuación a programación completa das Festas Patronais de Monforte de Lemos para os días 15 e 16 de agosto.

Martes, 15 de agosto

10.00h Lanzamento de 21 bombas de palenque

10:00h DÍA DE LA PATROA Reunión das autoridades e personas interesadas para subir á Régoa.

11:00 h MISA E OFRENDA FLORAL Á VIRGEN DE MONTSERRAT

11:00h DÍA DEL GAITEIRO desde a Praza de España polas rúas da cidade. Participantes: REDEGAITA, O CEGO DA VENEIRA, OS XOGRARESMERENZAO, LEMAVOS 1, LEMAVOS II

13:00h CONCENTRACIÓN DOS GRUPOS TRADICIONAIS NO CENTRO DA CIDADE NO DÍA DO GAITEIRO

20:15h PASARRÚAS dos grupos participantes na Mostra de Danza e Música Tradicional desde o campo da Compañía ata a  praza de España.

20:30h MOSTRA DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAL na praza de España coa actuación das formacións participantes.

20:30 h GRUPO DE BATUKADA BATURRUCA, desde A Pinguela ao centro da cidade

23:00h VERBENA NA COMPAÑÍA CO GRUPO TEKILA.

23:30h BARCAS ENGALANADAS NO MALECÓN

00:00h FOGOS ARTIFICIAIS DE AIRE DESDE SAN VICENTE

00:30h CONCERTO DE TANXUGUEIRAS NA COMPAÑÍA

02:00h VERBENA CO GRUPO TEKILA

Mércores, 16 de agosto

12:00 h IX FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: MAGO PACO na rúa Cardenal, clown e magia.

13:00 h IX FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: N + 1,, acrobacias aéreas, danza e clown na Praza de España.

19:00 h IX FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: MAGO PACO na rúa Cardenal, clown e maxia.

20:00 h IX FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: N + 1, acrobacias aéreas, danza e clown na Praza de España.

20:30 h O GRUPO DE BATUCADA XOGRARES DE LEMOS fará amenización desde o barrio dos Chaos ao centro da cidade.

23:00 h VERBENA NA COMPAÑÍA CON RITMO JOVEN

00:00 FOGOS ARTIFICIAIS DE AGUA DESDE O MALECÓN

00:00h CONCERTO NA COMPAÑÍA DE LUZ CASAL.

02:00 h VERBENA NA COMPAÑÍA CON RITMO JOVEN.

O resto da programación nesta mesma páxina, na nova da presentación do Programa das Festas e no Facebook do Concello de Monforte de Lemos.