XX Feira Medieval de Monforte, o 30 e 31 de marzo

24/03/2024 A Feira Medieval de Monforte é cita indispensable para gozar da Semana Santa na Ribeira Sacra. Os postos de artesanía e gastronomía decoran as rúas e prazas, sucedéndose os espectáculos de cetraría, malabares con lume, tiro con arco, actuacións musicais, torneos, hípica… Toda a cidade é decorado de época, destacando como escearios principais a Praza de España onde se instala o Campamento Medieval, o adro da Régoa e as rúas da zona vella cos seus postos e os balcóns decorados ou a contorna dos Escolapios onde se desenvolven as Xustas Medievais.

Todo convida a facer unha viaxe ao pasado e fai de Monforte unha cidade medieval digna de visitar e gozar. O programa do actos é o seguinte:

  • 10:00 a 21:00h (días 30 e 31) MERCADO MEDIEVAL, postos e paradas medievais –rúas e praza de Abastos.
  • ACTUACIÓNS DE RÚA (días 30 e 31)
  • CAMPAMENTO MEDIEVAL (días 30 e 31) na Praza de España 10:30 a 14:00 e de 16:15 a 20:30h: tendas e pavillóns medievais, exposición de armeiros con armas de diferentes estilos, cascos, panoplias militares, indumentaria civil e utensilios medievais, custodia do Campamento e Roldas de Patrulla pola feira, realización de levas entre as xentes para a súa instrución militar.
  • OBRADOIROS DEMOSTRATIVOS E PARTICIPATIVOS MEDIEVAIS (días 30 e 31) 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:00h. (Fabricación de Cota de Malla /Labores téxtiles, confección de indumentaria histórica / Scriptorium –escritura e técnicas de ilustración sobre pergamiño / Exhibición de oficios artesanais –Forxa de armas e utensilios, talla de madeira)
  • ADESTRAMENTO MILITAR /PRÁCTICAS DE ESGRIMA /MURO DE ESCUDOS (días 30 e 31) 19:00 a 20:00h
  • EXPOSICIÓN, EXHIBICIÓN E ESPECTÁCULO DE AVES DE RAPIÑA –CETRARÍA (días 30 e 31) coa  agrupación “Falcóns Galicia”. 11:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:30h / Praza de San Antonio. Con espectáculos de voos 13:00 e 17:00
  • CAMPAMENTO INFANTIL MEDIEVAL (días 30 e 31) na rúa Santa Clara -praza das Nais Clarisas.  11:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:30h. Con xogos e atraccións infantís: torneo medieval, péndulo, come bolas, tiro con bésta, zancos, noria, barco, carrusel e baqueta medieval....
  • PRÁCTICAS DE TIRO CON ARCO (días 30 e 31) no adro da Régoa, co club de tiro con arco Arco Lemos 11:30 a 14:30 e de 17:00h a 20:30h.
  • 12:00h (día 30) na praza España a compañía O neno lápiz informará do que acontecerá durante esta fin de semana. A continuación farase o SAÚDA do Alcalde que rematará cunha salva de artillaría cunha réplica dunha bombarda do século XIV.
  • 14:30h (día 30) Comida Medieval no Pazo dos Condes –Parador Nacional Monforte de Lemos. Reserva con antelación. (Información e reservas 982 418 484 monforte@parador.es).
  • 16:30h (día 30) Desfile de cabaleiros, escudeiros e soldados do GRAN TORNEO MEDIEVAL e do grupo de música medieval Turdión polas rúas e prazas da Feira. 
  • 13.30 (día 31) Desfile de cabaleiros, escudeiros e soldados do GRAN TORNEO MEDIEVAL e do grupo de música medieval Turdión polas rúas e prazas da Feira. 
  • 17.00h (día 31) Concentración na Praza España dos participantes no XI Concurso de Traxes Medievais e valoración do xurado no estrado da Feira co Nomeamento de Donas e Cabaleiros das Mesnadas do Cabe pola moi e Leal e Nobre Orde dos Cabaleiros do Camiño.
  • 18:00h (días 30 e 31) VIII XUSTAS MEDIEVAIS, Os cabaleiros, escudeiros e soldados de Hípica Celta realizarán un -GRAN TORNEO MEDIEVAL no campo de terra do Colexio PP. Escolapios.
  • 18:00h (día 31) Na Praza de España a Asociación de Recreación Histórica “Caballeros de Ulver” realizará unha exhibición de indumentaria civil e militar medieval, así como unha mostra de armas.
  • 19:00 (día 31) Na Praza de España, entrega de premios do XI concurso de traxes medievais, do VIII concurso de decoración de balcóns e do IX concurso de decoración de establecementos
  • 20:00 (días 30 e 31) Desfile de Elefantes co grupo Skalir polas rúas da feira dende a praza de España.
  • 20:30h (día 30) Concerto de música medieval con Grimorium na Praza de España
  • 21:00h (día 30) Subida dende a praza de España ata o Parador a ritmo de tambores co grupo de música medieval Grimorium, xunto co grupo Tambores, Bufóns e Trobadores Medievais de Troula
  • 21:30h (día 30) Na praza Luis de Góngora terá lugar o espectáculo A Lenda das Meigas, momento ritual para purificar as almas.
  • 22:15h (día 30) Praza Luis de Góngora soltaranse FAROLIÑOS que encherán de luz o ceo de Monforte nesta noite de volta ao medievo.
  • 21:00 (día 31) Espectáculo Innana na Praza de San Antonio.

MENÚS MEDIEVAIS en diferentes establecementos da cidade –Asociación de Hostalería de Monforte de Lemos.

Exposición: Monforte Medieval-Torre Homenaxe. Mañá: 10:00h–14:00h/Tarde: 16:00–20:00

Puntos de Información: Oficina Municipal de Turismo (rúa Comercio 6) e Pavillón da Feira Medieval (Praza de España).

Despois de 20 edicións da Feira Medieval, desde o Concello de Monforte espérase obter o recoñecemento como Feira de Interese Turístico Galego para a edición do 2025  

-Vídeo oficial: https://youtu.be/XJ6aHjl-6XI

-Vídeo oficial (versión extendida)https://youtu.be/ZnZRslguctQ