10/07/2024 En marcha unha nova tempada dos tradicionais paseos en barca polo río Cabe. A personalidade como cidade que ten Monforte de Lemos vén marcada polo seu pasado, a súa riqueza patrimonial, a súa vinculación co ferrocaril, o seu papel de cabeceira de comarca,…e o río que a cruza, o Cabe.
Ata o 30 de setembro de 2024, o río Cabe será escenario dunha interesante e ó mesmo tempo divertida e refrescante proposta no verán da cidade. Actividade que organiza o Concello de Monforte de Lemos coa colaboración da Deputación de Lugo, a través do Plan Deputación 2024 de Cooperación cos Concellos, e o Club de Piragüismo Quixós, que se encarga do mantemento e condución das barcas e dos cobros e atención ós pasaxeiros.
Así durante o verán, unha opción distinta para coñecer a cidade é desde o río Cabe cos seus paseos en barca. O punto de inicio dos percorridos é o embarcadoiro do Parque dos Condes e cada paseo, dunha duración de media hora, ten un prezo de 3,25€.
Horarios dos paseos en barca polo Cabe:
- Luns a venres, entre as 18:00 e as 22:00 horas
- Sábados, domingos e festivos: tamén en horario de mañá desde as 11:00 e ata as 14:00 horas e pola tarde de 18:00 a 22:00 horas.
“Hai diversos aspectos que contribúen a que este evento sexa moi significativo dentro da actividades culturais de verán en Monforte: a súa relevancia na recuperación do río Cabe e a súa contorna como elemento patrimonial de primeira orde en Monforte, o seu papel de acontecemento dinamizador de actividade a carón do río e o fomento para manter vivo en xeracións de todas as idades o amor pola rica tradición fluvial”, asegura o Alcalde, José Tomé Roca.
Normas de seguridade dos paseos en barca
- A capacidade máxima das barcas será determinada polo encargado do servizo.
- Os usuarios contarán con chalecos salvavidas, se son solicitados.
- Seguirase en todo momento as instrucións do persoal encargado da actividade