29/07/2024 O luns, día 5 de agosto, comeza na rúa Cardenal de Monforte unha nova edición de Artelemos. A mostra de artesanía organizada polo Concello como antesala ás Festas Patronais contará nesta XXIV edición con 30 postos. O horario da mostra será de 10.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 22.00 h. entre o 5 e o 10 de agosto.
Artelemos ten a vontade de achegar a artesanía local e galega á cidadanía, á vez que se ofrece aos artesáns un modo de presentarse e de trasladar o seu traballo ao público, creando unha relación directa entre artesán e consumidor que contribúe a poñer en valor as pezas feitas a man.
Os diferentes stands mostrarán unha ampla variedade de disciplinas artesanais: olería de Gundivós, coiro, cestería, complementos de moda, marroquinería, madeira e lousa, cerámica, obxectos de decoración, xoiería, miniaturas, artesanía de vidro, xoguetes e monicreques entre outras propostas.
Artelemos ofrece unha inmellorable ocasión para atopar pezas únicas e de grande calidade. A mostra complétase con demostracións nas que ver traballar aos artesáns en directo, terán lugar de 12 a 14 horas e de 19 a 21 horas e talleres ás 12 e ás 19 horas para os que é necesario anotarse cun mínimo dunha hora de antelación no stand do Concello no espazo da mostra.
Programación 24ª Mostra Artelemos 2024
Luns, 5 de agosto:
- 12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería Tradicional da Ribeira Sacra-Figulus. Artesán: Tomás López.
- 13.00 h.- Inauguración oficial da 22ª Mostra Artelemos. Actuación Grupo Municipal de Gaitas.
- 19:00 a 21:00 h.- Demostración Olería Tradicional da Ribeira Sacra-Figulus. Artesán: Tomás López.
- 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Olería para nenos e nenas. Artesá: Otilia Arias
Martes, 6 de agosto:
- 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Bixutería con macramé. Artesá: Noel Pérez.
- 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Bixutería con macramé. Artesá: Noel Pérez.
Mércores, 7 de agosto:
- 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Barro para nenos/as. Artesá: Amparo Escrich.
- 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Barro para nenos/as. Artesá: Amparo Escrich.
Xoves, 8 de agosto:
- 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Cestaría. Artesá: Luisa Martínez
- 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Cestaría. Artesá: Luisa Martínez.
Venres, 9 de agosto:
- 12:00 a 14:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.
- 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Coiro. Artesá: Lucia Casado.
- 19:00 a 21:00 h.- Demostración Olería de Gundivós. Artesán: Elías González.
- 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Coiro. Artesá: Lucia Casado.
Sábado, 10 de agosto:
- 12:00 a 14:00 h.- Obradoiro de Bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Remo.
- 19:00 a 21:00 h.- Obradoiro de Bixutería con reciclaxe de papel. Artesá: Rosario Remo.