09/08/2024 Do 11 ao 16 de agosto, Monforte celebra as súas Festas Patronais, na honra á Virxe de Monserrat. As Festas Patronais da cidade do Cabe foron desde sempre un referente no sur de Lugo pola calidade dos concertos, os escenarios nos que se desenvolven as actuacións e o feito de que tódolos espectáculos son gratuítos. Durante seis días sucédense a música, a cultura, a maxia, a tradición, os fogos artificiais,… e Monforte convírtese no epicentro do lecer na Ribeira Sacra.
Como é habitual as actuacións terán dous escenarios principais, a explanada da Compañía, comandada polo monumental Colexio dos Escolapios e a Praza de España, antesala do casco antigo da cidade. As Festas deste ano terán como pregoeira a Dona Isabel Pardo de Vera, que fora Secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. O pregón será o día 11 a partir das 20.30 diante da casa consistorial.
A continuación a programación completa das Festas Patronais de Monforte de Lemos para os días 11 e 12 de agosto.
Domingo, día 11 de agosto
- 20:30 h PREGÓN DAS FESTAS PATRONAIS a cargo de ISABEL PARDO DE VERA
- 21:00h LANZAMENTO DO FOGUETE que anuncia o inicio das Festas. Campo de San Antonio.
- 21:00 h INAUGURACIÓN DA ILUMINACIÓN ARTÍSTICA
- 22:30 h CONCERTO DE ROSA CEDRÓN con acompañamento de piano e violín na Praza de España.
Luns, día 12 de agosto
- 13:00 h X FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: SEMPRE ARRIBA. Na Praza de España acrobacias aéreas e clown.
- 20:00 h X FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: SEMPRE ARRIBA. Na Praza de España.
- 20:30 GRUPO DE BATUCADA OS XOGRARES DE LEMOS, amenización desde o barrio de San Antonio ata o centro da cidade.
- 22:30 h VELADA MUSICAL DO GRUPO AMÉRICA DE VIGO, na Compañía.
- 23:00 h CONCERTO ORQUESTRA DE MÚSICA DO CONSERVATORIO MESTRE IBÁÑEZ DO CONCELLO DE MONFORTE, na Praza de España.
- 00:00 h CONCERTO PANORAMA, na Compañía.
- 02:00 h CONCERTO AMÉRICA DE VIGO, na Compañía
- 03:30 h CONCERTO PANORAMA, na Compañía.
O resto da programación nesta mesma páxina, na nova da presentación do Programa das Festas e no Facebook do Concello de Monforte de Lemos.