Festas Patronais Monforte de Lemos, días 15 e 16 de agosto

09/08/2014 O día 15 de agosto celebramos o día grande das Festas Patronais, o día da Patroa, a Virxe de Montserrat. As autoridades acompañadas da Banda de Gaitas e do Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte diríxense da Praza de San Antonio á igrexa de San Vicente para celebrar a misa, cantada pola coral municipal, e ofrenda floral á Patroa da cidade.

San Vicente do Pino, un dos emblemas da cidade, convértese en protagonista a media noite acollendo os tradicionais fogos artificiais. A noite do día grande, Monforte énchese de luz e festa, que atrae cada ano a numerosos visitantes dispostos a ver o espectáculo que ilumina o Mosteiro de San Vicente e a súa Torre da Homenaxe.

E se a imaxe da noite do 15 está feita para quedar gravada na memoria, o mesmo acontece coa da noite do 16 en que se celebran os fogos artificiais de auga. Ás 00.00 da noite, o Cabe, a carón da Ponte Vella, acolle esta cita que congrega a centos de persoas para gozar das mesturas que a luz fai coa auga.

A continuación a programación completa das Festas Patronais de Monforte de Lemos para os días 15 e 16 de agosto.

Xoves, 15 de agosto

  • 10.00h Lanzamento de 21 bombas de palenque
  • 10:00h DÍA DE LA PATROA Reunión das autoridades e personas interesadas para subir a San Vicente do Pino.
  • 11:00 h MISA E OFRENDA FLORAL Á VIRXE DE MONTSERRAT
  • 11:00h DÍA DO GAITEIRO desde a Praza de España polas rúas da cidade. Participantes: REDEGAITA, O CEGO DA VENEIRA, OS XOGRARESMERENZAO, LEMAVOS 1, LEMAVOS II
  • 13:30h CONCENTRACIÓN DOS GRUPOS TRADICIONAIS NO CENTRO DA CIDADE NO DÍA DO GAITEIRO
  • 20:15h PASACALLES dos grupos participantes na Mostra de Danza e Música Tradicional desde o campo da Compañía ata a  praza de España.
  • 20:30h MOSTRA DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAL na praza de España coa actuación das formacións participantes.
  • 20:30 h GRUPO DE BATUKADA BATURRUCA, desde Val de Lemos ao centro da cidade
  • 23:00h VERBENA NA COMPAÑÍA CON ACORDES.
  • 23:30h BARCAS ENGALANADAS NO MALECÓN
  • 00:00h FOGOS ARTIFICIAIS DE AIRE DESDE SAN VICENTE
  • 00:30h CONCERTO DE ÁLVARO DE LUNA NA COMPAÑÍA
  • 02:00h VERBENA CON ACORDES

Venres, 16 de agosto

  • 13:00 h X FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: MAINTOMANO, acrobacias e danza na Praza de España.
  • 20:00 h X FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: MAINTOMANO, acrobacias e danza na Praza de España.
  • 20:30 h O GRUPO DE GAITUCADA AIQUEIRINDO fará amenización desde a Pinguela ao centro da cidade.
  • 20:30 h O OS XOGRARES DE LEMOS fará amenización desde a Florida ao centro da cidade.
  • 23:00 h VERBENA NA COMPAÑÍA COA ORQUESTRA MIRAMAR
  • 00:00 FOGOS ARTIFICIAIS DE AGUA DESDE O MALECÓN
  • 00:30h CONCERTO NA COMPAÑÍA DE LA LA LOVE YOU.
  • 02:00 h VERBENA NA COMPAÑÍA COA ORQUESTRA MIRAMAR.

O resto da programación nesta mesma páxina, na nova da presentación do Programa das Festas e no Facebook do Concello de Monforte de Lemos.