XXI Feira Medieval de Monforte de Lemos

12/04/2025 A Feira Medieval de Monforte é cita indispensable para gozar da Semana Santa na Ribeira Sacra. Os postos de artesanía e gastronomía decoran as rúas e prazas, sucedéndose os espectáculos de cetraría, malabares con lume, tiro con arco, actuacións musicais, torneos, hípica… Toda a cidade é decorado de época, destacando como escenarios principais a Praza de España onde se instala o Campamento Medieval, o adro da Régoa e as rúas da zona vella cos seus postos e os balcóns decorados ou a contorna dos Escolapios onde se desenvolven as Xustas Medievais.

Todo convida a facer unha viaxe ao pasado e fai de Monforte unha cidade medieval digna de visitar e gozar. O programa do actos é o seguinte:

  • 10:00 a 21:00h (días 19 e 20) MERCADO MEDIEVAL, postos e paradas medievais –rúas e praza de Abastos.
  • ACTUACIÓNS DE RÚA (días 19 e 20)
  • CAMPAMENTO MEDIEVAL (días 19 e 20) na Praza de España 10:30 a 14:00 e de 16:15 a 20:30h: tendas e pavillóns medievais, exposición de armeiros con armas de diferentes estilos, cascos, panoplias militares, indumentaria civil e utensilios medievais, custodia do Campamento e Roldas de Patrulla pola feira, realización de levas entre as xentes para a súa instrución militar.
  • OBRADOIROS DEMOSTRATIVOS E PARTICIPATIVOS MEDIEVAIS (días 19 e 20) 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 19:00h. (Fabricación de Cota de Malla /Labores téxtiles, confección de indumentaria histórica / Scriptorium –escritura e técnicas de ilustración sobre pergamiño / Exhibición de oficios artesanais –Forxa de armas e utensilios, talla de madeira)
  • EXPOSICIÓN, EXHIBICIÓN E ESPECTÁCULO DE AVES DE RAPIÑA –CETRARÍA (días 19 e 20) coa agrupación "Águilas de Valporquero”. 11:00 a 14:00h e de 16:00 a 18:00h / Praza de San Antonio. Con espectáculos de voos de 13:00 a 17:00
  • CAMPAMENTO INFANTIL MEDIEVAL (días 19 e 20) na rúa Santa Clara -praza das Nais Clarisas.  11:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:30h. Con xogos e atraccións infantís: torneo medieval, péndulo, come bolas, tiro con bésta, zancos, noria, barco, carrusel e baqueta medieval....
  • PRÁCTICAS DE TIRO CON ARCO (días 19 e 20) no adro da Régoa, co club de tiro con arco Arco Lemos 11:30 a 14:30 e de 17:00h a 20:30h.
  • 12:00h (día 19) na praza España a compañía Circocido informará do que acontecerá durante esta fin de semana. A continuación farase o SAÚDA do Alcalde que rematará cunha salva de artillaría cunha réplica dunha bombarda do século XIV.
  • De 12:00 a 17:00h Grupo de tambores, bunfóns e trobadores medievais desfilarán polas rúas e prazas da Feira.
  • 13:30h (día 19) Comida Medieval no Pazo dos Condes –Parador Nacional Monforte de Lemos. Reserva con antelación. (Información e reservas 982 418 484 monforte@parador.es).
  • 16:30h (día 19) Desfile de cabaleiros, escudeiros e soldados do GRAN TORNEO MEDIEVAL e do grupo de música medieval Edena Ruth polas rúas e prazas da Feira. 
  • 13.30 (día 20) Desfile de cabaleiros, escudeiros e soldados do GRAN TORNEO MEDIEVAL e do grupo de música medieval Edena Ruth polas rúas e prazas da Feira. 
  • 17.00h (día 19) Concentración na Praza España dos participantes no XII Concurso de Traxes Medievais e valoración do xurado no estrado da Feira co Nomeamento de Donas e Cabaleiros das Mesnadas do Cabe pola moi e Leal e Nobre Orde dos Cabaleiros do Camiño.
  • 18:00h (días 19 e 20) IX XUSTAS MEDIEVAIS, Os cabaleiros, escudeiros e soldados de Hípica Celta realizarán un -GRAN TORNEO MEDIEVAL no campo de terra do Colexio PP. Escolapios.
  • 18:00h (día 19 e 20) Na Praza de España a Asociación de Recreación Histórica “Caballeros de Ulver” realizará unha exhibición de indumentaria civil e militar medieval, así como unha mostra de armas.
  • 19:00h (día 20) Na Praza de España, entrega de premios do XII concurso de traxes medievais, do IX concurso de decoración de balcóns e do X concurso de decoración de establecementos
  • 20:00h (días 19 e 20) Desfile do Gran Dragón polas rúas da feira dende a praza de España.
  • 20:30h (día 19) Espectáculo de rúa Errantes
  • 20:45h (día 19) Concerto de música medieval con Grimorium na Praza de España
  • 21:00h (día 19) Subida dende a praza de España ata o Parador a ritmo de tambores co grupo de música medieval Grimorium, xunto co grupo Tambores, Bufóns e Trobadores Medievais de Troula
  • 21:30h (día 19) Na praza Luis de Góngora terá lugar o espectáculo de música e danza Lúa, actividade audiovisual coa interpretación musical de Tamara Pérez e sesión de fogos de artificio.
  • 22:15h (día 19) Praza Luis de Góngora soltaranse FAROLIÑOS que encherán de luz o ceo de Monforte nesta noite de volta ao medievo.
  • 21:00 (día 20) Espectáculo Suaren Bataila, relatos ancestrais e espectáculo de pirotecnica e lume na Praza de San Antonio.

MENÚS MEDIEVAIS en diferentes establecementos da cidade –Asociación de Hostalería de Monforte de Lemos.

Puntos de Información: Oficina Municipal de Turismo (rúa Comercio 6) e Pavillón da Feira Medieval (Praza de España).

-Vídeo oficialVídeo oficial XXI Feira Medieval de Monforte de Lemos 2025

-Vídeo oficial (versión extendida)Vídeo oficial (versión extendida) XXI Feira Medieval de Monforte de Lemos 2025