30/08/2018 O concello de Monforte, integrante da Rede de Xudarías de España, organiza unha serie de actividades para celebrar o 2 de setembro, Día Internacional da Cultura Xudea.
Haberá visitas guiadas e de balde á xudaría de Monforte. As saídas das visitas serán ás 11:30 h. e ás 18.00 h. da Oficina de Turismo, na rúa Comercio.
Máis información sobre o barrio xudeo de Monforte neste enlace
A Casa da Cultura “Lois Pereiro” acollerá, ademais, a partir das 20.00 h. un concerto de música tradicional ibérica e sefardí. O filólogo, músico e folclorista español, Paco Díez ofrecerá un concerto a partir das 20.00h. O que fora candidato ó Premio Princesa de Asturias das Artes no 2016, está considerado o maior especialista do folclore sefardí en España.
Estas actividades organizadas polo concello de Monforte forman parte da programación das Xornadas Europeas da Cultura Xudea que se desenvolven en cidades de toda Europa e que están deseñadas pola AEPJ (The European Association of the Preservation and Promotion of Jewish Culture and Heritage).
No 2017 participaron destas xornadas máis de 420 cidades de 28 países europeos, chegando a 179.000 persoas, o que fai destas xornadas unha cita imprescindible da axenda cultural europea.