07/09/2018 A cidade de Monforte de Lemos é un núcleo urbano acolledor e fácilmente abarcable para facer a pé, onde podes atopar todos os servizos que necesitas para gozar da túa estancia connosco. Estás na capital da Ribeira Sacra, o lugar perfecto desde o que coñecer o románico e a cultura do viño asociada a estas terras. Ademais Monforte é a historia do ferrocarril en Galicia (Sé de Muferga), o Monte de San Vicente (Castro Dactonio) dominando o val, os Escolapios (Colexio de Nosa Señora da Antiga) coñecido como o Escorial galego comandando a Compañía, un dos mellores museos de arte sacro da península (Museo das Clarisas), é viño e xente amable, é tradición e un pasado esplendoroso asociado a nomes como o VII Conde de Lemos ou o Cardeal Rodrigo de Castro.
Un plan perfecto é camiñar a cidade, achegarse ata o río Cabe coa súa Ponte Vella e dar un paseo polo Malécon, sentarse na Praza de Españae visitar barrios míticos como a Estación ou Carude.
O audiovisual “Monforte cidade” fainos un percorrido pola cidade do Cabe. Visitámola?
Coñece máis dos lugares de interese do concello de Monforte de Lemos na web de turismo do concello
Para estar ao día de toda a actividade do Concello de Monforte de Lemos, séguenos en Facebook