28/08/2018 A música será unha das principais protagonistas dos próximos días dentro da programación cultural e de lecer do concello de Monforte.
A axenda de actos é a seguinte:
Venres, 31 de agosto
Concerto de ROI CASAL -Son Galego, Son Cubano
Praza da Compañía ás 22:30 horas
Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e Deputación de Lugo –Área Turismo e Cultura
Roi Casal é un músico, compositor e cantante galego, integrante da banda galega Milladoiro entre o 2000 e o 2009. É precisamente no 2009 cando inicia a súa carreira en solitario. O espectáculo que trae a Monforte Son galego, Son cubano estréase no Gran Teatro de La Habana no 2016, trátase dun proxecto por encargo do Instituto Cubano de la Música para poñer en valor os lazos de unión entre as dúas culturas.
Sábado, 1 de setembro
XIX FESTIVAL DE HABANERAS CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS
-AGRUPACIÓN CORAL SAN ANTONIO de GIJÓN
-CORAL CITE de SAN CIBRAO -Lugo
-CORAL POLIFÓNICA do CONCELLO de MONFORTE
Actuación na Praza de España ás 20.00 horas
Organiza: Concello de Monforte de Lemos
Sábado, 1 de setembro
VII FESTIVAL DO PARADISO
Parque dos Condes, dende as 20.00 horas
A 7ª edición do Festival do Paradiso trae a Monforte a Vieitor, Collflanders, A Cadela Asasina, DJ Maceda, Mamá Ladilla, A Compañía Do Ruido, Mad Martin e Arremecaghona Monobanda.
Organiza: Asociación Náufragos do Paradiso
Colabora: Concello de Monforte de Lemos
Domingo, 2 de setembro
XIX XORNADA EUROPEA DA CULTURA XUDEA
VISITAS GUIADAS Á ZONA DE ÁMBITO XUDEU DE MONFORTE
11:30 e 18 horas – Saídas dende a Oficina Municipal de Turismo
Organiza e patrocina: Concello de Monforte de Lemos e Red de Juderías de España / Caminos de Sefarad
3 ó 17 de setembro
Exposición Fotográfica: OFICIOS E FERRAMENTAS II de PERUCHELA
Sala de exposicións da Casa da Cultura
Organiza: Concello de Monforte de Lemos