30/10/2018 O venres, 2 de novembro, a explanada da Compañía acollerá o festival solidario que organiza o concello de Monforte de Lemos. O festival ten por obxecto recoller alimentos non perecedoiros para axudar ás familias que máis o necesitan.
De poñer música á noite do día 2 encargarase a orquesta Panorama, que colaborará actuando de balde. A actuación está prevista para as 23.00 horas. Para a recollida de alimentos, o concello instala unha carpa na que o público poderá deixar as súas aportacións. O que máis se precisa son alimentos non perecedoiros e infantís; fai falta tamén, azúcar, aceite, galletas, cereais e conservas. Os alimentos recollidos serán distribuidos despois por Cáritas e a Cruz Vermella.
Ao coincidir en ponte espérase que haxa moita xente de descanso e de turismo na cidade do Cabe. Desde o concello convídase a participar nesta proposta solidaria e de lecer a toda a veciñanza, e tamén aos visitantes que escolleron estes días para coñecer este territorio.