Monforte de Lemos, máis aló da cidade

17/08/2018 A cidade de Monforte de Lemos ten recursos patrimoniais e propostas culturais e de lecer para garantir que o visitante se manteña ocupado e entretido, pero a oferta turística da cidade amósanos outra cara de diferente beleza no resto do termo municipal.

Pazo de Tor

 

 

audiovisual “Máis aló da cidade”ao que se pode acceder desde a canle de youtube do concello lévanos por eses outros lugares máxicos do noso municipio: o Mirador do Duque sobre o Canón do Sil, o embarcadoiro de Doade onde se accede ao catamarán do Canón do Sil, o Pazo de Tor onde revivir a vida nos pazos galegos do século XVIII, o Pazo Molinos de Antero de arquitectura afrancesada cunha decoración pictórica italianizante, a igrexa de Baamorto ou o Paseo de Piñeira á beira do Cabe.

Ver o audiovisual

 

 

 

Paseo Piñeira

 

 

Coñece máis dos lugares de interese do concello de Monforte de Lemos na web de turismo d concello 

Para estar ao día de toda a actividade do Concello de Monforte de Lemos, séguenos en Facebook