Monforte vístese de artesanía entre o 3 e o 7 de agosto

02/08/2018 Este venres día 3 comeza na rúa Cardenal de Monforte unha nova edición de Artelemos. A mostra de artesanía organizada polo concello contará este ano con 27 postos (complementos de moda, marroquinaría, madeira e pizarra, coiro, olería de Gundivós, cerámica, obxectos de decoración, xoiaría, miniaturas, artesanía de vidro, xoguetes, cestaría e monicreques entre outras propostas). 

O horario da mostra será de 11.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 23.00 h. desde o día 3 ata o día 7 de agosto.

 

Cartel Artelemos

 

Ademais da exposición e venta dos produtos artesanais desenvolveranse diferentes demostracións e obradoiros:

Venres 3 de agosto 

12.00 a 14.00 h. Demostración Olería de Gundivós. Artesán ElÍas González Prieto

12.30 h. Inauguración da XX edición de Artelemos

19.00  a 21.00 h. Demostración Olería de Gundivós.  Artesán Elias González Prieto

Sábado 4 de agosto

11:30 h. a 13:30 h. Obradoiro de barro para nenos/as.  Artesá Amparo Scrich

18:30 h. a 20:30 h. Obradoiro de barro para nenos/as.  Artesá Amparo Scrich

Domingo 5 de agosto

11:00 h. a 14:00 h.  Xuntanza de Palilleiras e exposición de encaixes na rúa Cardenal

Luns, 6 de agosto

11:30 h. a 13:30 h. Obradoiro de pintura sobre relevo para nenos/as. Artesá: Mª Carmen Álvarez Blanco

18:30 h. a 20:30 h. Obradoiro de pintura sobre relevo para nenos/as. Artesá Mª Carmen Álvarez Blanco

Martes, 7 de agosto            

11:30 h. a 13:30 h. Obradoiro de olería para nenos/as.  Artesá Otilia Arias García

12.00 h. Demostración de olería de Gundivós. Artesán Tomás López González

18:30 h. a 20:30 h. Obradoiro de olería para nenos/as.  Artesá Otilia Arias García

22.00 horas. Peche 20ª Mostra Artelemos

 

  Toda a información de Artelemos

  Sigue as novidades no noso Facebook