11/09/2018 O Concello de Monforte participa do proxecto TodoCosmos, posto en marcha pola Universidade de Santiago de Compostela e o Observatorio Astronómico da USC, co que se pretende achegar a astronomía aos municipios galegos, con diferentes actividades para todos os segmentos de idade.
No marco deste programa, a Explanada da Compañía será escenario dunha observación de estrelas o vindeiro xoves, 13 de setembro. As persoas interesadas poden acudir á Compañía a partir das 21:30 horas. Se condicións meteorolóxicas o permiten dous expertos do Observatorio Astronómico da USC explicarán tódolos detalles que se poidan ver no firmamento nesa noite. A actividade é de balde.
Para estar ao día de todas as novidades desta e doutras actividades séguenos no Facebook do Concello de Monforte.